Fernando Ferreira Meirelles, nado en São Paulo o 9 de novembro de 1955 é un director, guionista e produtor brasileiro.
Traxectoria O pai de Meirelles, José de Souza Meirelles, é un médico especialista en gantroenteroloxía que viaxaba regularmente a Asia e Norte América, o que deu a Fernando a oportunidade de contactar con diferentes culturas. A súa nai, Sônia Junqueira Ferreira Meirelles, é filla de granxeiros e traballou como paisaxista e deseñadora de interiores durante un longo tempo.
As súas primeiras experiencias co cinema foi co seu pai, que dirixiu filmes en 8 mm durante o seu traballo na universidade. En 1967, con once anos, Fernando pasou un ano en California, onde contactou co movemento hippy, que o impresionou. Con trece anos comezou a producir pequenos filmes en Super 8, inspirados polas animacións de Norman McLaren.
Durante a década de 1980 estudou na Escola de Arquitectura e Urbanismo da Universidade de São Paulo. O seu traballo de graduación foi feito en forma de filmes. Neses anos involucrouse tamén no cinema experimental, xunto cos seus amigos Paul Morelli, Marcelo Machado, Dário Vizeu e Bob Salatini. Os cinco fundaron a produtora independente Olhar Eletrônico. En 1982 realizaron programas infantís de televisión e a finais da década interesáronse na publicidade. En 1990 fecharon Olhar Eletrônico e abriron o negocio de publicidade O2 Films.
En 1997 Meirelles leu o libro de Paulo Lins Cidade de Deus e decidiu adaptala no filme realizado en 2002. Co éxito do filme conseguiu ofertas de Hollywood, conseguindo de novo boas críticas con The Constant Gardener.
Filmografía Cinema AnoTítulo 1998 O Menino Maluquinho 2 2001 Domésticas 2002 Cidade de Deus 2005 The Constant Gardener 2008 Blindness2011 360Brasil Animado (voz) 2012 Elena (produtor executivo) 2014 Rio, Eu Te Amo
Televisión AnoTítuloCanalNotas1983Ernesto Varela, o RepórterRede Globo1989Castelo Rá-Tim-BumTV Cultura2013A Verdade de Cada Um"Fernando Meirelles produz série para o Nat Geo"National Geographic ChannelProdutor2013Os Experientes"Nova série de Fernando Meirelles na Globo terá elenco veterano"Rede Globo2015Felizes para Sempre?Rede GloboDirector
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
KCRW's The Treatment: Fernando Meirelles Entrevista en Cannes 2008 con Fernando Meirelles sobre "Blindness" en IFC.com
Categoría:Directores de cinema do Brasil Categoría:Nados en São Paulo Categoría:Nados en 1955