Xulio Gil Rodríguez, nado en Ourense en 1954, é un matemático e fotógrafo galego. Reside en Vigo«Como todos en Vigo, soy de Ourense» La Voz de Galicia, 31 de xaneiro de 2011 ..

Traxectoria De pai vigués, viviu a infancia e a adolescencia na Rúa Aragón da cidade de Vigo. Estudou Enxeñería para logo pasar a Matemáticas. En Santiago de Compostela coñeceu o arqueólogo Antón Rodríguez Casal, que lle transmitiu a paixón pola prehistoria, que á súa vez o levou a comezar a relación co mundo da arte.

Expuxo por primeira vez en 1976 na praza da Princesa de Vigo. Teñen obra súa a Colección Caixanova e o Museo de Pontevedra.: "Fotografía gallega de los años 80 en el Museo de Pontevedra: la serie "Antropolóxicas" de Xulio Gil" en El Museo de Pontevedra n.º LVII (2003).

En 1992 casou coa poeta Xela Arias, con quen en 1994 tivo un fillo, Darío; separaron no ano 2002.

Obra bibliográfica Vigo: fronteira do alén (1988), Ir Indo Edicións, con textos de Xosé Luís Méndez Ferrín. ISBN 84-7680-009-6. Tigres coma cabalos (1990), Edicións Xerais, con poemas de Xela Arias Castaño, ISBN 84-7507-449-9."Xela Arias cuelga en la pared los dramas inconfesables..." El Ideal Gallego, 12/8/1990. Proxecto Galicia, Arte, Tomo XV: Arte Contemporánea, 1995, Hércules de Ediciones, con textos de José Manuel López Vázquez e Iago Seara. Proxecto Galicia, Arte, Tomo XVI: Arte Contemporánea (I), 1999, Hércules de Ediciones, con textos de Xosé Antón Castro et al. Olores e sabores do saber (2001), Universidade de Vigo, con textos de Carlos Casares. ISBN 84-8158-197-6.Imaxe da portada de Olores e sabores do saber Xulio Gil (2004), Editorial Deputación de Pontevedra. ISBN 84-8457-202-1. Arte e cultura de Galicia e Norte de Portugal (2 v., 2005), Nova Galicia Edicións, coord. por José Manuel Hidalgo Cuñarro, ISBN 84-85401-81-6. Sexualidade (2006), Nova Galicia Edicións, ISBN 84-85401-14-X. Petróglifos de Galicia (2009), A Nosa Terra, con textos de Antonio de la Peña Santos. ISBN 978-84-8341-331-9.Petróglifos de Galicia no Proxecto Meiga. Santiagos de Santiago: dos apóstoles al final del camino (2011), Alvarellos, con textos de José Manuel García, ISBN 978-84-89323-67-4. Segredos de catedral: A basílica de Santiago de Compostela a través dos seus tempos e espazos (2014), Alvarellos, con textos de José Manuel García. ISBN 978-84-89323-52-0.

Recoñecementos Foi Premio da Crítica Galicia en Artes Plásticas e Visuais na XXXVI Edición, do ano 2013: " tendo en conta a calidade e orixinalidade da súa obra fotográfica, no marco dun longo proxecto de corenta anos que sigue vivo.".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas 20px "Espacio de Arte", Correo TV, 17/9/2009 (YouTube). 20px Entrevista de Pilar García Rego a Xulio Gil, Zigzag diario, 5/11/2013, TVG.

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1954 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes