miniatura|220px|dereita|Portada de Vita di Michelagnolo Buonarroti, escrito por Ascanio Condivi. Ascanio Condivi, nado en Ripatransone no ano 1525 e finado o 10 de decembro de 1574, foi un pintor e escritor italiano do Cinquecento.
É lembrado por ter sido un dos primeiros biógrafos de Michelangelo, de quen foi discípulo en Roma, e a súa biografía, Vita di Michelagnolo Buonarroti, de 1553, aínda hoxe é considerada unha das mellores fontes para o coñecemento da vida do artista. Despois da publicación do traballo, volveu para a súa vila natal, casou e dedicouse á pintura sacra.
Categoría:Escritores de Italia Categoría:Pintores de Italia Categoría:Nados en 1525 Categoría:Nados na provincia de Ascoli Piceno Categoría:Finados en 1574 Categoría:Michelangelo