Centro Gallego foi unha revista que se editou en Montevideo entre 1917 e 1931.
Historia e características Subtitulado Órgano de la Colectividad Gallega en Uruguay, apareceu o 12 de outubro de 1917. Despois pasou a denominarse Publicación mensual ilustrada. En 1925, co número 109, cambiou o título por Revista del Centro Gallego. En 1929 volveu cambiar o título por Galicia, cesando a súa publicación en 1931. Era o órgano do Centro Gallego de Montevideo. Entre os seus directores figurou Julio Sigüenza (números 164-166).
Publicou en 1929 un número extraordinario e conmemorativo do cincuentenario do Centro, e outros números extraordinarios en 1944, 1954 e 1979. Tamén en 1925 apareceu outro extraordinario coa cabeceira Centro Gallego con motivo da inauguración do Edificio Social.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas Centro Galego (Montevideo 1917-1918) Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Galicia. Revista do Centro Galego (Montevideo, 1929) Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Montevideo