O Convento de San Bieito da Guarda é un conxunto significativo, construído entre 1558 e 1561 como Mosteiro da Transfiguración do Señor. Historia miniatura|esquerda|150px|Escudo na fachada.

miniatura|dereita|Convento de San Bieito da Guarda.

Foi fundado por catro irmáns, naturais do Señorío de Teáns, Salvaterra de Miño, bisnetos de Pedro Madruga: Álvaro, García, Isabel e María Ozores de Sotomayor. A carta fundacional, asinada polo nuncio de Pío IV en Portugal, é do 7 de setembro de 1561 e a inauguración foi seis anos despois, o 5 de agosto de 1567, presidida polo Bispo de Tui, Diego de Torquemada.: "El Convento de Monjas Benedictinas de la villa de A Guarda" I e II, Faro de Vigo, xuño de 2015 . O edificio sufriu unha reforma importante no século XVIII, a igrexa ten un retablo sinxelo, presidido polo santo, e unha portada barroca na porta norte. (1999). VI. Guía e rutas da arte. Pontevedra, p. 147-148. Editorial Galaxia, Vigo.

A comunidade de beneditinas ocupou o convento ata 1984, durante 417 anos. Desde 1990 as instalacións albergan un hotel e restaurante.Patrimonio. Arquitectura relixiosa Concello da Guarda.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía , Joaquín Miguel: "El Convento de las Benedictinas de A Guarda, 1558-1984", 736 pp., Deputación de Pontevedra . Outros artigos Orde de San Bieito Ligazóns externas Fichas do convento e do hotel en Turgalicia.

Categoría:A Guarda Guarda Categoría:Orde de San Bieito Categoría:Monumentos do Camiño Portugués