María Teresa Arqué Ferrer, nada en Badalona en 1943, é unha política española. Foi alcaldesa de Badalona entre 1999 e 2008.
Biografía
Maite Arqué é militante do Partit dels Socialistes de Catalunya dende os seus inicios. Participou no movemento asociativo Asociacións de Veciños e Asociacións de Pais e Nais de Alumnos. Foi rexedora no concello badalonés durante vinte anos, dende 1979 a 1999, ano no que resultou investida alcaldesa da súa cidade natal. Exerceu o cargo ata 2009, ano no que cedeu o seu posto ao seu compañeiro socialista Jordi Serra para ser designada senadora por Barcelona pola Entesa Catalana de Progrés. Arqué tamén foi deputada e presidenta de comisión na Deputación Provincial de Barcelona entre 1982 e 1999, presidenta do Consello Comarcal do Barcelonès (1999-2003) e presidenta da Entitat Metropolitana del Transport (2003-2007).
En outubro de 2013, despois dun tempo afastada da primeira liña política, fíxose oficial que Arqué presidirá o Pacte local pel dret a decidir en Badalona.http://www.ara.cat/politica/Maite_Arque-Badalona-dret_a_decidir-PSC_0_1010899070.html
Notas
Categoría:Alcaldes de Badalona Categoría:Senadores de España Categoría:Políticos do PSC Categoría:Nados en Badalona Categoría:Nados en 1943