250px|thumb|Bandeira da Rexión de Murcia A bandeira da Rexión de Murcia foi definida no artigo 4.1 do Estatuto de Autonomía da Rexión de Murcia que establece:

Os catro castelos fan alusión ao carácter fronteirizo do vello Reino de Murcia, encrucillada entre as coroas de Aragón e Castela, ademais do Reino nazarí de Granada e o mar Mediterráneo: catro territorios de terra e de mar, cristiáns e musulmáns, emprendedores e guerreiros, dos que Murcia soubo destilar ao longo da súa historia unha idiosincrasia única, propia e sintetizadora de culturas. Tamén se considera que son os catro señoríos en que se dividiu o reino inicialmente, tras a súa conquista por Afonso X de Castela.

As sete coroas simbolizan os sucesivos privilexios outorgados pola coroa castelá ao antigo Reino de Murcia, debido aos distintos favores á causa real. As cinco primeiras coroas son outorgadas polo rei Afonso X, no seu privilexio do 14 de maio do ano 1281, cando concedía a insignia e o selo do concello á capital. A sexta coroa débese ao rei Pedro I, outorgada o 4 de maio do ano 1361, tamén pola fidelidade das terras murcianas á súa causa sucesoria. A sétima coroa foi outorgada por Filipe V o 16 de setembro de 1709, por permanecer o Reino de Murcia fiel á súa causa contra o arquiduque Carlos durante a Guerra de Sucesión.

Históricas

Categoría:Símbolos da Rexión de Murcia Categoría:Bandeiras de España