Code Lyoko: Il castello sotterraneo é o primeiro libro da saga Código Lyoko, escrito por Jeremy Belpois. A súa lingua orixinal é o italiano. Saíu á venda o 12 de abril do 2010 en España.

Historia O supercomputador militar que acaban de reactivar transporta a Jeremy Belpois, Yumi Ishiyama, Ulrich Stern e Odd Della Robbia ao interior de Lyoko, un mundo paralelo dixital habitado por XANA, unha malévola intelixencia artificial que quere controlar o mundo real. Alí, catro amigos atópanse ademais cunha moza antivirus, a única arma que existe contra XANA. Chámase Aelita e non lembra case nada do seu pasado. Con moitos esforzos e despois de incribles aventuras virtuais, finalmente derrotan a XANA grazas ao sacrificio do pai de Aelita e creador de Lyoko, Franz Hopper, que sobreviviu durante moitos anos dentro do Mar dixital con forma dunha esfera luminosa.

O 21 de decembro, uns meses despois da derrota de XANA e da morte de Franz Hopper, Aelita perde de súpeto a memoria. Por iso, xusto pasadas as vacacións de Nadal, os seus amigos deciden reunirse na Ermida, a casa onde Aelita vivía antes, para axudala a recuperar os recordos perdidos. O cinco mozos comezan a investigar sobre os segredos da Ermida e chegan a descubrir unha habitación agochada. Atopan unha mensaxe rexistrada polo profesor que explica unha parte da historia, pero deixa aínda moitos misterios por resolver. Coa súa mensaxe, Hopper dá a misión á súa filla de atopar a súa nai, Anthea, e pídelle que conserve un colgante de ouro: un agasallo que Franz e Anthea Hopper tiñan como mostra de amor. Á vez XANA resucita (un pouco desorientado) e vai desde o Xapón aos Estados Unidos, onde posúe o corpo de Eva Skinner e Eva-XANA vai a Francia.

Esta historia ocorre nunha liña temporal paralela, onde a volta ao pasado non existe.

Personaxes novos Eva Skinner: Vivía en California (Estados Unidos), pero XANA, quen non morreu finalmente, logrou posuíla e facela prisioneira seu. Deste xeito envíaa a Francia co fin de que estableza amizade cos Guerreiros de Lyoko.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Code Lyoko: La città senza nome

Ligazóns externas Páxina oficial do libro (Alfaguara) Código Lyoko: Il castello sotterraneo na wiki de Código Lyoko

Categoría:Código Lyoko