A Urna de San Cándido (en ) é un relicario de madeira de autor anónimo, datada contra o ano 1292, que está recuberta por placas de relevos con escenas realizadas en estuco dourado. Tiña a función de gardar as reliquias de san Cándido. Procede do mosteiro de Sant Cugat e consérvase no Museo Nacional de Arte de Cataluña de Barcelona.

Na arqueta represéntase a escena do martirio a San Cándido baixo a goberno do emperador Maximiano no ano 300. A obra mantén a súa forma orixinal, aínda que lle faltan algúns anacos do estuco dourado e toda a ornamentación de pedras e cristais.

Historia A realización da urna fíxose por mor da descuberta do sepulcro co corpo de Cándido de Tebas, o cal se atopaba na ábsida da cabeceira no lado da Epístola da igrexa do mosteiro de Sant Cugat del Vallès. A descuberta tivo lugar durante o mandato do abade Guerau de Clasquerí (1277-1294). A urna, de carácter relixioso, construíuse nun taller catalán de autor anónimo para honrar as reliquias do mártir Cándido.Dalmases 1992: p. 206

É probable que, dende a data da inscrición que se amorsa na urna (1292), o reliquario se mantivese no mosteiro de Sant Cugat até o 16 de abril de 1868, cando o bispo de Barcelona Pantaleó Montserrat i Navarro a cedeu ó museo que pertencía á Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos. Finalmente, a urna ingresou en 1933 no Museo Nacional de Arte de Cataluña procedente do Museu Provincial de Antigüidades de Barcelona, onde estivera dende 1879.Dalmases 1992: p. 205

Descuberta do sepulcro Co paso do tempo e as diversas construcións que padeceu o mosteiro de Sant Cugat perdéranse os datos da sepultura de dan Cándido. Segundo consta en documentos, a descuberta realizouse grazas a unha muller endemoñada que foi levada á igrexa do mosteiro para expulsar do seu corpo os espíritos malignos; durante este proceso, a muller sinalou o lugar onde se atopaba o corpo de san Cándido na capela de san Miguel. Diante da presenza do rei Xaime II de Aragón e dun gran número de acompañantes, abriuse o sepulcro e levaron os ósos para poñelos nun «lugar decente».Domènech 1602 (digitalizat 2010): pp. 91-93

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mosteiro de Sant Cugat Arqueta de Sant Cugat Bibliografía

Categoría:Arte de Cataluña Categoría:Sant Cugat del Vallès