Ice on the Dune é o segundo álbum de estudio do grupo musical australiano de música electrónica Empire of the Sun. Foi lanzado o 14 de xuño de 2013 por Capitol Records. O álbum foi ben acollido pola crítica, que gavou a progresión do son dende o álbum anterior.

Un trailer do álbum foi lanzado o 11 de marzo de 2013. Estivo producido por Kelvin Optical, unha división da produtora Bad Robot, e foi dirixido por J. D. Dillard. Ademais, o grupo publicou unha historia ficticia relacionada co álbum que describe un mundo vixiado por un "Emperador" e un "Profeta".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Empire of the Sun Categoría:Álbums musicais de 2013 Categoría:Álbums de Capitol Records Categoría:Álbums de Virgin Records