Anna Marie "Patty" Duke, nada en Nova York o 14 de decembro de 1946 e finada nos Ánxeles o 29 de marzo de 2016 foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria Duke naceu en Queens, filla máis nova de Frances McMahon e John Brock Duke. A súa infancia cos seus irmáns Raymond e Carol foi dura. O seu pai era alcohólico e a súa nai sufriu depresión clínica. Cando Duke tiña seis anos a súa nai botou o seu pai da casa e con seis deixouna ao coidado de John e Ethel Ross, que se converterían nos seus representantes, promovéndoa como actriz infantil.
Os métodos dos Ross eran en ocasións explotadores e sen escrúpulos; dicían que Duke era dous anos máis novas do que realmente era e inchaban o seu currículo con créditos falsos. Foi Ethel Ross quen ordenou o cambio de nome: "Anna Marie morreu; agora es Patty". Esperaban que "Patty Duke" duplicaría o éxito da actriz Patty McCormack. Esta acción tería dolorosas repercusións no futuro.
Un dos primeiros traballos interpretativos de Duke foi na telenovela The Brighter Day, a finais da década de 1950. Tamén apareceu en anuncios. Aos doce anos gañou 32 000 dólares no programa The $64,000 Question.
O primeiro papel protagonista foi o de Helen Keller, con Anne Bancroft como Annie Sullivan na obra de Broadway The Miracle Worker, que durou dous anos. A obra foi adaptada no filme O milagre de Anna Sullivan, polo que Duke recibiu o Oscar á mellor actriz secundaria. Nese momento foi a persoa máis nova en gañar un Oscar nunha categoría competitiva.
En 1963 recibiu a súa propia serie, The Patty Duke Show, creado especialmente para ela por Sidney Sheldon. Sheldon pediu a Duke pasar unha semana coa súa familia para conseguir ideas. Nese momento non se sabía que Duke tiña desorde bipolar, mais Sheldon notou que a súa personalidade tiña distintas facetas, desenvolvendo o concepto das primas idénticas con personalidades opostas. A serie durou tres temporadas e foi revisitada en 1999 en The Patty Duke Show: Still Rockin' In Brooklyn Heights. Durante esta década tamén tivo unha carreira de éxito como cantante.
A pesar do éxito na súa carreira, Duke pasou os anos de adolescencia triste. Os Ross esforzábanse en mostrala como unha rapaza normal, mais ela indicou no seu libro de memorias Call Me Anna que era unha prisioneira deles e tiña pouco control sobre as súas ganancias. Os Ross controlábana a ela e a súa nai déixandolle só unha pequena cantidade de diñeiro para sobrevivir. Tamén comezaron a dar a Duke alcohol e drogras legais cando tiña trece anos; isto, xunto co seu trastorno bipolar sen diagnosticar contribuíu aos seus problemas de abuso de substancias. De adulta tamén acusou os Ross de abuso sexual. Cando cumpriu dezaoito anos quedou libre deles, descubrindo que gastaran a maior parte das súas ganancias, violando a Coogan Act.
En 1967 Duke intentou comezar a súa carreira como actriz adulta interpretando a Neely O'Hara en Valley of the Dolls. O filme foi un éxito, pero o público e a crítica tiveron dificultades para aceptar a adolescente Duke como cantante alcohólica e drogadicta. O filme case arruinou a súa carreira.
Volveu á televisión en 1970 e traballou especialmente no medio desde mediados da década de 1970 ata principios dos 2000. En 1990 interpretouse a ela mesma na versión televisia da súa autobiografía Call Me Anna.
Na década seguinte reduciu o seu traballo. En 2002 volveu ao teatro en Nova York e en 2007 apareceu en The Oprah Winfrey Show para falar do trastorno bipolar.
En maio de 2011 dirixiu unha versión teatral de The Miracle Worker en Interplayers Theater en Spokane, Washington.
Filmografía + Cinema Ano Filme Personaxe Notas 1958 Country Music Holiday Sis Brand 1958 The Goddess Emily Ann Faulkner, aos 8 anos 1959 4D Man Marjorie Sutherland 1959 Happy Anniversary Debbie Walters 1962 O milagre de Anna Sullivan Helen Keller 1965 Billie Billie Carol 1966 The Daydreamer Thumbelina Voz 1967 Think Twentieth Ela mesma Curtametraxe 1967 Valley of the Dolls Neely O'Hara 1969 Me, Natalie Natalie Miller 1972 You'll Like My Mother Francesca Kinsolving 1978 O enxame Rita 1982 By Design Helen 1986 Willy/Milly Doris Niceman Títulos alternativos: I Was a Teenage BoySomething Special 1992 Prelude to a Kiss Mrs. Boyle 1999 Kimberly Dr. Feinstenberger Título alternativo: Daddy Who? 2005 Bigger Than the Sky Mrs. Keene/Earlene2006 Falling In Love With The Girl Next Door 2008 The Four Children of Tander Welch Susan Metler 2012 Amazing Love Helen
+ Televisión Ano Título Personaxe Notas 1963–66 The Patty Duke Show Patty Lane/Cathy Lane 104 episodios 1967 O Virxiniano Sue Ann MacRae "Sue Ann" temporada 5, episodio 16 1970 My Sweet Charlie Marlene Chambers Telefilme 1971 If Tomorrow Comes Eileen Phillips Telefilme 1971 She Waits Laura Wilson Telefilme 1972 Deadly Harvest Jenny Telefilme 1973 Hawaii Five-O Toni Temporada 5, episodio 15 "Thanks for the Honeymoon" 1974 Nightmare Jan Telefilme 1975 Police Woman LaRue Collins Co seu entón marido John Astin na temporada 1 / Episodio 18 "Nothing Left to Lose" 1976 Look What's Happened to Rosemary's Baby Rosemary Woodhouse Telefilme 1976 Captains and the Kings Bernadette Hennessey Armagh Miniserie 1978 A Family Upside Down Wendy Telefilme 1978 Having Babies III Leslee Wexler 1979 Before and After Carole Matthews Telefilme 1979 The Miracle Worker Annie Sullivan Telefilme 1980 The Babysitter Liz Benedict Telefilme 1980 The Women's Room Lily Telefilme 1981 The Girl on the Edge of Town Martha Telefilme 1981 The Violation of Sarah McDavid Sarah McDavid Telefilme 1981 Please Don't Hit Me, Mom Barbara Reynolds Telefilme (co seu fillo, Sean Astin) 1982 It Takes Two Molly Quinn Serie de televisión 1983 September Gun Sister Dolcina Telefilme 1984 Best Kept Secrets Laura Dietz Telefilme 1984 Insight Sen nome Episodio: The Hit Man 1984 George Washington Martha Washington Miniserie 1985 Hail to the Chief President Julia Mansfield Serie de televisión 1986 A Time to Triumph Concetta Hassan Docudrama 1987 Fight for Life Shirley Abrams Docudrama 1987 Karen's Song Karen Matthews 1988 Fatal Judgement Anne Capute Telefilme 1990 Always Remember I Love You Ruth Monroe Telefilme 1990 Call Me Anna Ela mesma Docudrama 1991 A Killer Among Friends Jean Monroe Telefilme 1991 The Torkelsons Wesley Hodges' daughter-in-law 1 episodio ("Return to Sender") 1991 Absolute Strangers Judge Ray Docudrama 1992 Last Wish Betty Rollin Docudrama 1993 A Matter of Justice Mary Brown Docudrama 1994 Cries from the Heart Terry Wilson Telefilme 1995 When the Vows Break Barbara Parker Docudrama 1995 Amazing Grace Hannah Miller 5 episodios 1996 Harvest of Fire Annie Beiler Telefilme 1996 Race Against Time: The Search for Sarah Natalie Telefilme 1997 A Christmas Memory Sook Faulk Telefilme 1997 Frasier Caller 1 episodio 1998 The Patty Duke Show: Still Rockin' in Brooklyn Heights Patty Lane/Cathy Lane MacAllister Telefilme 1998 The Disappearing Act Faye Dolan Telefilme 1998–2003 Touched by an Angel Jean 3 episodios 1999 A Season for Miracles Angel Telefilme 2000 Miracle on the Mountain: The Kincaid Family Story Anne Kincaid Docudrama televisivo 2002 Little John Sylvia Telefilme 2004 Murder without Conviction Mother Joseph Telefilme 2004 Judging Amy Valerie Bing 1 episodio 2006 Falling in Love with the Girl Next Door Bridget Connelly Telefilme 2009 Love Finds a Home Mary Watson Telefilme 2010 Unanswered Prayers Irene Telefilme 2011 Hawaii 5-0 Sylvia Spencer 1 episodio 2013 Glee Jan 1 episodio 2015 Liv and Maddie Avoa 1 episodio
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
When Young Stars Burn Out MSN Movies Celebrity Spokesperson Patty Duke Says "Retire Online, It’s So Easy!" (Social Security Public Service Announcements)
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Queens Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América