miniatura|O Maurice "Rocket" Richard Trophy. O Maurice "Rocket" Richard Trophy, tamén coñedico como Maurice Richard Trophy, é entregado anualmente ao máximo goleador da National Hockey League (NHL). Foi doado á NHL polos Montreal Canadiens na tempada 1998-99 e recibe o seu nome en honor do lendario á dereito dos Canadiens Maurice "Rocket" Richard e foi gañado por primeira vez por Teemu Selänne. O actual gañador é Alexander Ovechkin, dos Washington Capitals, que anotou 53 goles durante a tempada 2014–15.
Historia O Maurice "Rocket" Richard Trophy foi doado polos Montreal Canadiens á NHL en 1999, e foi entregado por primeira vez ao finalizar a tempada 1998-99. É un dos trofeos da NHL máis novos e recibe o seu nome en honor do lendario á dereito Maurice "Rocket" Richard, que pasou os 18 anos da súa carreira nos Canadiens. Richard liderou a táboa de goleadores en cinco ocasións e foi o primeiro xogador da NHL en superar a barreira dos 500 goles. Na tempada 1944–45, Richard converteuse tamén no primeiro xogador na historia da NHL en marcar 50 goles nunha tempada, facelo en só 50 partidos, o último rexistro foi conseguido só por un puñado de xogadores dende aquela. Con todo, o título ao máximo goleador eludiu a Richard, e o título máis próximo que conseguiu foi na tempada 1954-55.
Aínda que o xogador ao cal se entrega o Art Ross Trophy ao máximo puntuador adoita gañar o Hart Memorial Trophy ao xogador máis valioso, só Alexander Ovechkin e Corey Perry gañaron o Richard e o Hart na mesma tempada; Ovechkin o fixo en tres ocasións, na tempada 2007-08, tempada 2008-09 e tempada 2012-13. Once xogadores gañaron o Hart Trophy na mesma tempada na que lideraron a liga en goles antes de que se entregara o Richard Trophy por primeira vez.
Ao contrario do que ocorre no Art Ross Trophy, no Richard Trophy non hai criterios de desempate. Isto fai que sexa posible que varios xogadores gañen o trofeo, como cando na tempada 2003-04 houbo un triplo empate entre Jarome Iginla, Ilya Kovalchuk e Rick Nash. A segunda vez que se produdiu un empate neste trofeo foi na tempada 2009-10, canto Sidney Crosby e Steven Stamkos anotaron 51 goles para gañar o premio. Rick Nash é o xogador máis novo que gañou o trofeo, contando con 19 anos despois de recibilo. Alexander Ovechkin é o único xogador que gañou o trofeo canto menos en tres ocasións.
Gañadores miniatura|Teemu Selänne foi o primeiro xogador en recibir o Maurice "Rocket" Richard Trophy. miniatura|Alexander Ovechkin, posúe cinco trofeos.
TempadaGañadorEquipoGolesPartidosNº vitoriasAs vitorias inclúen as veces que o xogador liderou a liga en goles antes da introdución do trofeo, entre parénteses. 1998-99 Teemu Selänne Mighty Ducks of Anaheim 47 75 1 (3) 1999-00 Pavel Bure Florida Panthers 58 74 1 (2) 2000-01 Pavel Bure Florida Panthers 59 82 2 (3) 2001-02 Jarome Iginla Calgary Flames 52 82 1 2002-03 Milan Hejduk Colorado Avalanche 50 82 1 2003-04 Rick Nash Columbus Blue Jackets 41 80 1 Ilya Kovalchuk Atlanta Thrashers 41 81 1 Jarome Iginla Calgary Flames 41 81 2 2004-05 2005-06 Jonathan Cheechoo San Jose Sharks 56 82 1 2006-07 Vincent Lecavalier Tampa Bay Lightning 52 82 1 2007-08 Alexander Ovechkin Washington Capitals 65 82 1 2008-09 Alexander Ovechkin Washington Capitals 56 79 2 2009-10 Sidney Crosby Pittsburgh Penguins 51 81 1 Steven Stamkos Tampa Bay Lightning 51 82 1 2010-11 Corey Perry Anaheim Ducks 50 82 1 2011-12 Steven Stamkos Tampa Bay Lightning 60 82 2 2012-13A liga foi máis curta a causa do lockout. Alexander Ovechkin Washington Capitals 32 48 3 2013-14 Alexander Ovechkin Washington Capitals 51 78 4 2014-15 Alexander Ovechkin Washington Capitals 53 81 5
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Lista de líderes de anotación pasados da NHL
Ligazóns externas Maurice Richard Trophy at NHL.com Maurice Richard Trophy en Legends of Hockey.net
Categoría:Trofeos e premios da National Hockey League