O Correio da Manhã TV (CMTV) é un canal privado de televisión portugués de noticias as 24 horas, iniciando as súas emisións o 17 de marzo de 2013 . É operado por Cofina, propietario do Correio da Manhã, xornal destacado de Portugal. O canal está dispoñible mediante o operador de fibra e satélite MEO. MEO ten a exclusividade do canal desde o 2013.
CMTV desexa unha vez rematada a exclusividade coa compañía MEO, expandirse a outras compañías. Alén disto, no ano 2014 expandíu as súas emisións a Angola e Mozambique .
Notas
Categoría:Cadeas de televisión de Portugal