miniatura|300px|Charles Tate Regan, o primeiro pola dereita na fila central. Colexio Cambridge, equipo de fútbol Queens, gañador da Copa Inter-College na temporada 1900-1901.

Charles Tate Regan, nado o 1 de febreiro de 1878 en Sherborne (Dorset), e finado o 12 de xaneiro de 1943, foi un ictiólogo inglés.

Destacou polos seus extensos traballos, principalmente en torno a principios do século XX, sobre a sistemática dos peixes.

Traxectoria Estudou na Derby School e no Queens' College da Universidade de Cambridge.

En 1901 empezou a traballar no Museo de Historia Natural de Londres, onde foi conservador da área de Zooloxía, e no que chegou a ser director do propio museo, función que desempeñou desede 1927 a 1938.

Foi mentor dun bo número de científicos, entre eles Ethelwynn Trewavas, quen continuou o seu labor no Museo de Historia Natural de Londres.

Describiu varios xéneros, entre eles Austroglossus, e numerosas especies de peixes, sobre todo do xénero Haplochromis. Entre as especies que describiu está o loitador de Siam (Betta splendens).

Honores En 1917 foi elixido Fellow da Royal Society.

Eponimia Moitos autores dedicáronlle a Regan numerosas especies:

Abreviatura A abreviatura Regan emprégase para indicar a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén Bibliografía Charles Tate Regan, 1878-1943 por R. H. Burne e J. R. Norman en Obituary Notices of Fellows of the Royal Society, 4 (12): 411-426. Regan, C. T. (1908): "A revision of the British and Irish fishes of the genus Coregonus" Annals and Magazine of Natural History 2: 482-490 Regan, C. T. (1911): The Freshwater Fishes of the British Isles Londres: Methuen & Co. Ltd. Regan, T. C. (1920): "Revision of the flat-fishes (Heterosomata) of Natal". Annals of the Durban Museum 2 (5): 205-222.

Ligazóns externas Banco de imaxes de peixes debuxadas por Regan, en Flickriver.

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Nados en 1878 Categoría:Nados en Dorset Categoría:Finados en 1943 Categoría:Membros da Royal Society