Alternativa por Abegondo (AxA) é un partido político de ámbito municipal de Abegondo rexistrado o 14 de marzo de 2011 presidido por Fátima María Insua López.
Resultados electorais
Nas eleccións municipais de 2011 logrou 734 votos, o 19,97%, e tres concelleiros permanecendo na oposición nos seguintes catro anos ao ter o PP a maioría absoluta. Nas eleccións de 2015 tivo 1041 votos, o 31,13%, subindo ata os catro concelleiros e manténdose na oposición ao reter o PP a maioría absoluta na corporación municipal.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Abegondo
Categoría:Partidos políticos de Galicia Categoría:Abegondo