Abid Sharifov Goja oglu (en azerí Şərifov Abid Qoca oğlu), nado o 6 de xaneiro de 1940 en Shaki, é un político azerí, viceprimeiro ministro do seu país desde 1995.
Actividade profesional En 1962, graduou na Universidade Técnica de Azerbaijan cun grao en Enxeñería da Construción e nese ano contratouno o Departamento de Construción de Baku tras varios postos en niveis intermedios e superiores en 1972 chegou a xefe do 23.º departamento de construción de Baku en 1972 e asesor de xefe do Departamento de Construción do Consello de Ministros da RSS de Azerbaidján. Posteriormente foi xefe de Azərnəqliyyattikinti (Construción de Transporte Azerí) e en 1988 xefe de Azərnəqliyyatyoltikinti (Construción Viaria azerí). En 1991, Sharifov traballou como vicepresidente da compañía de encargada de electrificar a liña de ferrocarril entre Çerkezköy e Kapıkule (Turquía). En 1993, regresou a Azerbaidján como presidente da Azərnəqliyyatyoltikinti.
Actividade política En 1995 o presidente azerí Heydar Aliyev nomeouno viceprimeiro ministro, posición ratificada en novembro de 2003, polo novo presidente Ilham Aliyev. Esta ao cargo das regulamentacións do goberno na actividade de construción e forma parte da comisión de goberno para situacións de emerxencia. Tamén copreside a Comisión Intergobernamental Acerbaijan-Xapón.
Notas
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Ministros de Azerbaidján Categoría:Membros da Asemblea Nacional de Azerbaidján Categoría:Políticos do Partido do Novo Azerbaidján Categoría:Comunistas de Azerbaidján Categoría:Alumnos da Universidade Técnica de Azerbaidján Categoría:Nados no distrito de Şəki