miniatura|250px|dereita|Igrexa da Collegiata ou Santa Maria dell'Elemosina en Catania, obra salientable do barroco siciliano, realizada por Stefano Ittar cara ao 1768. O barroco siciliano é a forma distintiva da arquitectura barroca que se desenvolveu na illa de Sicilia, no sur de Italia, durante os séculos XVII e XVIII. O estilo recoñécese non só polas súas típicas revoltas e floreos barrocos, senón tamén polas súas carautas riseiras e putti, coa particular extravagancia que lle deu a Sicilia unha identidade arquitectónica única e que o fai a fase máis interesante da arte siciliana.
O estilo barroco siciliano colleu pulo durante a gran reconstrución que seguiu ó terremoto de 1693. Previamente, o barroco fora usado na illa dun xeito inxenuo e no eido local, que evolucionara a partir da arquitectura híbrida nativa máis ca dos grandes arquitectos barrocos de Roma. Despois do terremoto, os arquitectos locais, moitos deles formados en Roma, tiveron múltiples oportunidades de recrear a arquitectura barroca máis sofisticada, que acadara popularidade na Italia continental. O traballo destes arquitectos locais —e o novo xénero que comezaron— inspirou a outros deseñadores locais que seguiron o seu exemplo. A carón do 1730, os arquitectos sicilianos desenvolveran confianza no emprego do estilo barroco. A súa particular interpretación levounos paseniño a xerar unha forma de arte altamente localista e personalizada. De 1780 en diante, o estilo foi gradualmente substituído pola nova moda do neoclasicismo.
O fenómeno chamado Alto Barroco Siciliano durou cincuenta anos, e reflectiu perfectamente a orde social da illa nunha época na que —dominada oficialmente por España— foi gobernada de facto por unha aristocracia hedonista e extravagante. A arquitectura barroca deulle á illa un carácter arquitectónico que ficou até a actualidade.
Artistas e edificios salientables Giulio LassoQuattro Canti (Palermo)1610Alonzo de Benedetto et. al.Palacios da praza do Duomo (Catania)Principios do s. XVIIIGiovanni Battista Vaccarini
(discípulo de Francesco De Sanctis)Palazzo Biscari
Igrexa da Abadía de santa Ádega (di Sant’Agata)
Fachada da catedral
Fontana dell’Elefante (Catania)1737Rosario GagliardiCatedral de san Xurxo (Módica)
Igrexa de san Xurxo (Ragusa)1738Tomasso NapoliVila Palagonia (Bagheria)1715-1749Andrea PalmaCatedral de Siracusa1728-1753Santa María delle Scale (Ragusa)Combinación normando-barrocaBarón Melfi di San AntonioPalazzo Zacco (Ragusa)Catedral de san Xoán Bautista (Ragusa)1718-1778Giacomo SerpottaOratorio do Rosario de santa Cita (Palermo)1686-1718Giovanni TucariFrescos da igrexa de San Benedetto (Catania)1726-1762Giuseppe CrestadoroFrescos do palacio Ajutamicristo (Palermo)Stefano IttarColexiata de Catania1768Giuseppe Venanzio MarvugliaPalacio Belmonte Riso (Palermo)
Igrexa de san Francisco de Sales (Palermo)1784, barroco e neoclásico
1776, barroco serodio con influxo inglésAndrea GigantiVila Galletti (Bagheria)Transición barroco-neoclasicismoVivenzo SinatraPalacio Ducezio (Noto)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Barroco Categoría:Sicilia