Robert Joseph Leftkowitz, nado en Nova York o 15 de abril de 1943, é un bioquímico estadounidense e profesor da Universidade de Duke coñecido polos seus estudos sobre os receptoras acoplados a proteínas G, polos que foi galardoado co Premio Nobel de Química no ano 2012, xunto a Brian Kobilka.
Traxectoria Joseph Leftowitz é fillo de Max, un contable que traballaba en Manhattan e de Rose, unha profesora de primaria. Naceu e creceu nun complexo de apartamentos no Bronx. Graduouse en 1959 no Bronx High School of Science, á idade de 16 anos. Posteriormente, asistiu á Universidade de Columbia, onde estudou Química Orgánica avanzada e Físico-química, graduándose en 1962.
Carreira Leftkowitz realizou os seus primeiros descubrimentos coa adrenalina. Marcou as moléculas con isótopos radioactivos para poder observar cara a onde se dirixía a hormona nas células. Conseguiu así identificar uns receptores de adrenalina, chamados beta-adrenérxicos, estudando o seu funcionamento. Na década seguinte, uniuse ao seu equipo de investigación Brian Kobilka. Xuntos, comezaron a buscar os xenes que codificaban os receptores beta-adrenérxicos, que resultou ser moi similar a un receptor que capta luz no ollo. A partir de entón, atoparon unha serie de receptores semellantes: os receptores acoplados a proteínas G, polos cales ambos investigadores foron premiados co Premio Nobel no 2012.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Robert Leftkowitz na web oficial dos Premios Nobel
Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1943 Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Columbia