Bibliófilos Gallegos foi unha editorial galega fundada en Santiago de Compostela en 1949.Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 9, p. 48.
Historia
A Editorial de los Bibliófilos Gallegos nace en Santiago de Compostela en 1949 co obxectivo de paliar, dalgunha maneira, a case nula actividade editorial daqueles días no que respecta ao libro galego. Moi próxima ao Instituto Padre Sarmiento e ao Seminario de Estudos Galegos, os seus principais fundadores foron Francisco Sánchez Cantón e Xosé Filgueira Valverde, presidente e secretario respectivamente da nova empresa. Felipe Cordero Carrete, outro dos promotores, desempeñaría o posto de xerente e Marcelino Blanco de la Peña sería o vicepresidente. Participaron neste proxecto tamén Ramón Cabanillas, Gaspar Massó García, Antonio Rey Soto, Valentín Paz Andrade, Ramón Baltar Domínguez ou Francisco Fernández del Riego, entre outros. No ano 1994, a editorial extínguese.
Características Bibliófilos Gallegos foi unha das primeiras iniciativas editoriais da posguerra, xunto a outras como a colección de poesía Benito Soto (1949-50) ou a editorial Monterrey (1959), centrándose en obras de carácter histórico. Cabe destacar que os dirixentes non realizaban traducións do castelán ao galego e intentaban manter a obra na súa forma orixinal. Ademais, buscaban a publicación de obras de temática variada, un coñecemento máis profundo de Galicia e a difusión do mundo das artes, da literatura, da historia e da etnografía. Os seus promotores, nunha circular de presentación e subscrición á nova editora con data de xaneiro de 1948, explicaban deste xeito as intencións e o espírito que os movía:
Para tal fin proxectaron a creación de tres coleccións diferentes e ben definidas: a Biblioteca de Galicia, concibida para dar a coñecer textos inéditos ou reimpresións de obras existentes; Obradoiro, serie de pequenas monografías de divulgación artística profusamente ilustradas; e, por último, a Colección de los Bibliófilos Gallegos, reservada para reedicións facsimilares de obras raras e notables.
Traxectoria En 1949 saíron do prelo os tres primeiros títulos en cadansúa colección: Camiños no tempo de Ramón Cabanillas, El Pórtico de la Gloria de Ángel del Castillo e unha coidada edición facsímile da Descripción del Reyno de Galizia do Licenciado Molina. Seguirían logo outros importantes como a novela A xente da Barreira de Ricardo Carballo Calero, o Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores de Antonio Couceiro Freijomil, o Cancioeiro da Poesía Céltiga de Julius Pokorny, en versión galega de Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro, e a reedición facsimilar da Relación de Exequias de la Reyna Doña Margarita de Austria, ademais de varias entregas das monografías de arte Obradoiro.
Porén, este pulo inicial –con grande presenza divulgativa e publicitaria na prensa da época, convocatorias de premios, catálogos comerciais etc.- e o ritmo de produción de tres ou catro títulos anuais, só se mantivo ó longo do primeiro quinquenio. Despois decrecería considerablemente. A editorial convocou un certame de ‘novela galega’, aínda que o de ‘galega’ referíase tanto ao tema coma ao idioma. O premio concedeuse en abril do 1950 á obra de Ricardo Carballo Calero, A xente da Barreira.
Obras publicadas
Camiños no tempo. Ramón Cabanillas Enríquez, 1949 Descripción del Reyno de Galizia. Bartolomé Sagrario de Molina, 1949 El pórtico de la Gloria. Ángel del Castillo López, 1949 El Museo de Pontevedra. Francisco Javier Sánchez Cantón, 1950 Monografías de Santiago y dispersos de temas compostelanos (1844-1852). Antonio Neira de Mosquera, 1950 A xente da Barreira. Ricardo Carballo Calero, 1951 Industrias de Sargadelos. Xosé Filgueira Valverde, 1951 Macías el Enamorado y Juan Rodríguez del Padrón: estudio y antología. Carlos Martínez-Barbeito, 1951 Relación de las Exequias que hiço la Real Audiencia del Reyno de Galicia a la Majestad de la Reyna D. Margarita de Austria, Nra. Señora. Joan Gómez Tonel, 1951 Ribadavia. Manuel Chamoso Lamas, 1951 Cancioneiro da poesía céltiga. Julius Pokorny, 1952 El cazador gallego con escopeta y perro (1837). Froilán Troche y Zúñiga, 1952 F.A. de Sotomayor. Francisco Javier Sánchez Cantón, 1952 Monforte de Lemos. José Manuel Pita Andrade, 1952 La Catedral de Lugo. Francisco Vázquez Saco, 1953 Novelas de López Ferreiro. Antonio López Ferreiro, 1953 Edificio espiritual. María Antonia de Jesús, 1954 Le Portique de la Gloire. Ángel del Castillo López, 1954 (2ª ed.) Monasterios cistercienses de Galicia. Leopoldo Torres Balbás, 1954 Versos de alleas terras e de tempos idos. Ramón Cabanillas Enríquez, 1955 Opúsculos gallegos sobre bellas artes de los siglos XVII y XVIII (Vega y Verdugo, Domingo de Andrade, P. Feijoo, P. Sarmiento, Felipe de Castro, Prado Mariño), 1956 El tesoro de la catedral compostelana. Xosé Filgueira Valverde, 1959 Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII (Araújo y Salgado, Feijoo, Sarmiento, Gómez de Bedoya y Fernando Oxea), 1961 Pontevedra. Francisco Javier Sánchez Cantón, 1963 Lago González: biografía y selección de su obra gallega. Xosé Filgueira Valverde, 1966 El Viaje a Galicia de Urrabieta Vierge. Xosé Filgueira Valverde, 1969 Armas y triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia. Felipe de la Gándara y Ulloa, 1970 Historias de Compostela. Xosé Filgueira Valverde, 1970 Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia. Ángel del Castillo López, 1972 Orense. Ramón Otero Pedrayo, 1973 Gondomar y su triunfo sobre Raleigh. Lois Tobío, 1974 Lugo. Antonio Fraguas Fraguas, 1974 Nobiliario de D. Pedro Conde de Barcelos. Pedro, Conde de Barcelos, 1974 O Novo Testamento, 1974 Pedro Madruga de Sotomayor, caudillo feudal. Gaspar Massó, 1975 Sagra Biblia en galego, 1975 Blasones y linajes de Galicia. José Santiago Crespo Pozo, 1957-1965 Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores. Antonio Couceiro Freijomil, 1951-1953 El Museo Provincial de Bellas Artes de La Coruña. Manuel Rodríguez Maneiro, 1978 Monasterio de Celanova. Hipólito de Sá Bravo, 1978 Iglesia, señorío y nobleza. José García Oro, 1978 Castelao ante la medicina, la enfermedad y la muerte. Ramón Baltar Domínguez, 1979 Proezas de Galicia. José Fernández Neira, 1984 Visiones del más allá en la Galicia alto medieval. Manuel C. Díaz y Díaz, 1985 Escritos galegos. Francisco Javier Sánchez Cantón, 1991 Traduccións poéticas de Antón Losada Diéguez. Edición de Cristina Marchisio, 1999, ISBN 84-605-9791-1.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Enciclopedia Galega Universal Historia de la ciudad de Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 2003. : Editar en Galicia. Consellería de Cultura e Xuventude, Santiago de Compostela, 1993. : A xeración Galaxia. Editorial Galaxia, Vigo, 1996. : Epistolario. Museo de Pontevedra, Pontevedra, 2009. : Historia da literatura galega. Editorial Galaxia, Vigo, 1999. Outros artigos Bibliofilia Ligazóns externas Exposición: A Editorial Bibliófilos Gallegos Biblioteca de Galicia. : "Camilo J. Cela, ‘autotradutor’ ao galego de La Familia de Pascual Duarte" Boletín Galego de Literatura 43, 2010. “Produción editorial na Galiza durante a etapa franquista (1939-1975)”
Bibliofilos Gallegos Categoría:Coleccións literarias en lingua castelá Categoría:Editoriais de Galicia desaparecidas Categoría:Bibliofilia