Aiguafreda é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Vallès Oriental.
Xeografía O concello localízase ó norte da comarca do Vallès Oriental. Limita ó norte coa comarca de Osona, ó oeste co río Congost e o PEIN dos Cingles del Berti, ó leste e sur do concello está cuberto por bosques que pertencen ó Parque Natural do Montseny, limitando con outros concellos da comarca do Vallès Oriental.
Demografía Conta cunha poboación de 2 552 habitantes (INE 2022).
Economía Os sectores principais son o sector servizos e a industria (especialmente a metalurxia). Os sectores téxtil e a construción foron sectores tradicionalmente importantes, mais cara final so século XX e comezos do XXI sufriron un importante retroceso. Patrimonio O patrimonio natural é de gran valor, debido a presenza do parque natural do Montseny e dos Cingles do Bertí. Este feito converteu o concello nun referente do excursionismo catalán dende o século XIX. A comezos do século XXI, aínda son moitos os sendeiros e percorridos que parten ou atravesan o municipio. Son moitos os elementos históricos que interese cultural e artístico. Algún deles son: Dolmens da Serra de Arca (2500-2000 a.C.) Miliarios romanos da vía romana do Congost (séculos III-IV e conservados no Museo nacional de arqueoloxía de Cataluña e na sé episcopal de Vic) A cova-cripta de Aiguafreda (século IX) A igrexa de Sant Martí d’Aiguafreda do século XII As capelas románicas do val de l’Avencó: Sant Salvador d’Avencó e Sant Miquel de Canyelles, tamén do século XII A comezos do século XX, a chegada da burguesía barcelonesa provocou a construción de vivendas e rúas de pegada modernista e novecentista.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web do concello
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona