As inscricións de Bir El Qutt () son inscricións en lingua xeorxiana utilizando a escrita Asomtavruli que se descubriron ao escavar un mosteiro xeorxiano en 1952Khurtsilava, p. 56 o equipo do arqueólogo italiano Virgilio Canio Corbo nas proximidades de Bir El Qutt, a 6 km ao sueste de Xerusalén e 2 km ao norte de Belén.Khurtsilava, p. 57 Estaban localizadas nun piso de mosaico.Gideon Avni, The Byzantine-Islamic Transition in Palestine: An Archaeological Approach, p. 149, Oxford University Press, 2014Dairat Al-Athar al-Ammah, Annual of the Department of Antiquities, p. 78Michael Avi-Yonah, Ephraim Stern, Encyclopedia of Archaeological Excavations in the Holy Land, V. 3, pp. 879-882 Dúas das inscricións datan do 430 d.C. e a terceira do 532 d.C.Hewitt, p. 4Khurtsilava, p. 58
O mosteiro onde se atopan as inscricións fundouno, ou reconstruíuno, o príncipe real e filósofo Pedro de Iberia, unha das inscricións menciónano con seu pai.Louis Leloir, Corpus Scriptorum Christianorum Orientalium, p. 71, Secrétariat du Corpus SCO, 1976Glen Warren Bowersock, Peter Brown, Oleg Grabar, Late Antiquity: A Guide to the Postclassical World, p. 466 A outra inscrición cita a Bacurio de Iberia que podería ser o avó de Pedro.Khurtsilava, p. 59
As inscricións 1 e 2 están consideradas as máis antigas en xeorxianoHewitt, B.G. (1995). Georgian: A Structural Reference Grammar. John Benjamins. p. 4. ISBN 978-90-272-3802-3. e consérvanse no museo do Studium Biblicum Franciscanum en Xerusalén,Monachesimo Studium Biblicum Franciscanum así e todo a inscrición mencionando a Pedro perdeuse.Khurtsilava, p. 61
Inscricións Inscrición 1
Tradución: "Xesús Cristo ten piedade de Bakur e Griormizd e os seus descendentes." Datación: 430 d.C.
Inscrición 2
Tradución: "Santo Teodoro ten piedade de Maruan e Burzen, Amén." Dated: 430 d.C.
Inscrición 3 miniatura|Inscrición 3
Tradución: "Coa axuda de Xesús Cristo e Santo Teodoro ten piedade de Abba Antoni e Iosia o albanel deste mosaico e do pai e nai de Iosia, Amén." Datación: 532 d.C.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Hewitt, B.G. (1995). Georgian: A Structural Reference Grammar. John Benjamins Publishing. ISBN 978-90-272-3802-3. Khurtsilava, Besik (2014). Georgian heritage on the Holy Land, Istoriani. Wachtang Djobadze, Materials for the study of Georgian monasteries in the Western environs of Antioch on the Orontes, Volume 48; Volume 372, Corpussco, 1976 Georgian Soviet Encyclopedia, Volume. 7, pp. 651–652, Tbilisi, 1984 Giorgi Tsereteli, The oldest Georgian inscriptions from Palestine, Tbilisi, 1960 Le Destin de la Géorgie, Revue de Karthvélologie, 1961, p. 115 Chachanidze, V., Peter the Iberian and the archaeological excavations of Georgian monastery in Jerusalem, Tbilisi, 1974
Categoría:Cultura de Xeorxia Categoría:Inscricións