A beldroega (Portulaca oleracea) é unha planta planta anual suculenta da familia Portulacaceae, que pode acadar até 40 cm de altura; de talo erecto, follas grosas, oblongas e carnosas e flores pequenas e amarelas, da que se consomen as follas, de sabor lixeiramente picante, en ensaladaVV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. Ademais de beldroega, recibe os nomes de portulaca e verdoagaDiccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, Universidade, 2004; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991.
É nativa da India de Oriente Medio e sur de Europa coma parte da Península Ibérica aínda que naturalizada mundialmente; nalgunhas rexións é considerada má herba.
Descrición miniatura|Beldroega en flor (arriba) e Portulaca grandiflora (abaixo)
Ten talos lisos, avermellados, maiormente deitados; follas alternas en conxuntos no talo e no seu extremo. As flores amarelas, sésiles, teñen cinco partes regulares e 6 mm de largo. Florea a fins de primavera, e continúa até mediados do outono. As flores abren soas no centro do feixe de follas por poucas horas nas mañás soleadas. As sementes son pequenas vaíñas, que se abren cando a semente está pronta. Presenta unha raíz primaria con raíces fibrosas secundarias e tolera solo pobre, compactado, e seca.
Usos Culinario miniatura|Un cultivo en vaso a medrar coma unha verdura. miniatura|Flores. miniatura|Ilustración Malia se considerar maleza nos Estados Unidos, pode comerse como verdura, supoñendo que se obteña dunha fonte tal que estea libre de velenos -herbicidas ou fumigación xeral-. Ten un sabor lixeiramente acedo e salgado, e consómese moito en gran parte de Europa, Asia e México. Tanto os talos como as follas e flores son comestíbeis. Pode consumirse fresca como ensalada, ou cociñada como espinaca, e debido á súa calidade de mucilaxe, é boa para sopas e mollos. En México cocíñase con carne de porco e mollo verde. Os aborixes australianos usan as sementes para preparar o seu pan tradicional. miniatura|Esta é unha flor pouco común desta planta.
Contén máis ácido graxo omega-3 que calquera outro vexetal de verdura.ARTEMIS P SIMOPOULOS Omega-3 Fatty Acids and Antioxidants in Edible Wild Plants. 2004. Biol Res 37: 263-277, 2004 Tamén ten vitaminas: vitamina C, algo de vitamina B, carotenoides, e minerais dietarios, como magnesio, calcio, potasio, ferro. E presenta dous tipos de pigmentos alcaloides betalaínas: o betacianina arroibado (visíbel na coloración dos talos) e o betaxantina amarelo (na súas flores e o lixeiro amarelado das súas follas). Ambos os dous tipos de pigmentos son potentes antioxidantes e posuirían propiedades antimutaxénicas en estudos de laboratorio.
Medicinal Na medicina popular grega, a beldroega úsase coma menciña contra o estrinximento e a inflamación do sistema urinario.
Coñecida coma "Sanhti ou Punarva" no norte da India coñecena como tónico do fígado e as súas doenzas.
Coñecida coma Ma Chi Xian (pinyin: tradúcese coma "o amaranto dente de cabalo") na medicina tradicional chinesa, nos seus principios activos inclúen: a noradrenalina, sales de calcio, dopamina, ácido málico, ácido cítrico, ácido glutámico, ácido aspártico, ácido nicotínico, alanina, glicosa, frutosa e sacarosa. As betacianinas illadas de Portulaca oleracea teñen mellorado déficits da cognición en ratos de idade avanzada.Wang CQ. Yang GQ., "Betacyanins from Portulaca oleracea L. ameliorate cognition deficits and attenuate oxidative damage induced by D-galactose in the brains of senescent mice.,Phytomedicine. 17(7):527-32, 2010 Jun. Unha subclase rara de homoisoflavonoides da planta, amosou in vitro actividades citotóxicas contra catro cancros humanos en liñas celulares.Yan J, Sun LR, Zhou ZY, Chen YC, Zhang WM, Dai HF, Tan JW "Homoisoflavonoids from the medicinal plant Portulaca oleracea." Phytochemistry. 2012 Aug;80:37-41 O seu uso está contraindicado durante a gravidez e para os que teñen a dixestión fría e feble. A beldroega é un tratamento clinicamente eficaz para o lique plano oral, E as súas follas úsanse para tratar as picadas de insectos ou cóbregas na pel,Bensky, Dan, et al. Chinese Herbal Medicine, Materia Medica. China: Eastland Press Inc., 2004. bieitas, furúnculos, lastras, dor de picadas de abella, a disentería bacilar, diarrea, hemorroides, sangrado posparto e sangrado intestinal.
Máxico Na antigüidade, o naturalista romano Plinio mencionaba o seu uso como amuleto para acompañar as súas propiedades medicinais:
Historia Amplamente usada en Grecia, os arqueobotánicos atópana en moitos sitios prehistóricos. En contextos históricos, as súas sementes foron retiradas de camadas protoxeométricas en Kastanas, Hereo de Samos, datadas en 700 a. C. Teofrasto no 350 a. C. chámaa de andrákhne, como unha das diversas herbas de verán que cómpre colleitar en abril (boreal) (H.P 7.1.2)
Hai probas de que a especie se daba na rexión do lago Crawford (Ontario) en 1430-89 d.C., o que indica que alcanzou América do Norte en tempos precolombianos.Byrne, R. and McAndrews, J. H. (1975), Pre-Columbian Purslane (Portulaca oleracea L.) in the New World. Nature 253:726-727.
Taxonomía Portulaca oleracea foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 445. 1753. Sinónimos
Portulaca consanguinea Schltdl. Portulaca intermedia Link ex Schltdl. Portulaca marginata Kunth Portulaca mundula I.M.Johnst. Portulaca neglecta Mack. & Bush Portulaca pusilla Kunth Portulaca retusa Engelm. Portulaca consanguinea Schltdl. Portulaca fosbergii Poelln. Portulaca hortensis Rupr. Portulaca latifolia Hornem. Portulaca officinarum Crantz Portulaca olitoria Pall. Portulaca parvifolia Haw. Portulaca sativa Haw. Portulaca suffruticosa Thwaites Portulaca sylvestris Montandon
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas La sp. como adubo Edible Landscaping With Purslane Portulaca oleracea
oleracea Categoría:Hortalizas Categoría:Plantas invasoras Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Medicina chinesa tradicional