Aiako Harria é un macizo que se atopa ao leste da vila guipuscoana de Oiartzun, a carón dos Pireneos. Forma parte do parque natural Aiako Harria e o río Oiartzun nace na súa ladeira noroeste. Aiako Harria posúe tres cumios que se estenden arredor de 4 km de norte a sur en ringleira. Son Hirumugarrieta (806 m), Txurrumurru (821 m) e Erroilbide (837 m).
Véxase tamén
Ligazóns externas Aiako Harria en euskal-herria.org
Categoría:Montañas do País Vasco