Henry King, nado en Christiansburg (Virxinia) o 24 de xaneiro de 1886 e finado en Toluca Lake (California) o 29 de xuño de 1982 foi un director de cinema estadounidense.

Traxectoria Antes de entrar no mundo do cinema, King traballou como actor teatral. En 1912 comezou a aparecer en pequenos papeis cinematográficos. Debutou coma director en 1915, converténdose nun director de grande éxito nas décadas de 1920 e 1930.

Durante a segunda guerra mundial foi comandante da patrulla costeira de Brownsville, Texas. Chegou a ser o piloto privado máis vello dos Estados Unidos, obtendo a súa licenza en 1918.

King foi un dos fundadores da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas e dirixiu máis dun cento de filmes durante a súa carreira.

Filmografía

1916 - Little Mary Sunshine 1917 - The Mate of the Sally Ann 1918 - Powers That Prey 1918 - Social Briars 1919 - Where the West Begins 1920 - One Hour Before Dawn 1921 - Tol'able David 1922 - The Seventh Day 1923 - Fury 1923 - The White Sister 1924 - Romola 1925 - Stella Dallas 1926 - The Winning of Barbara Worth 1926 - Partners Again 1927 - The Magic Flame 1928 - The Woman Disputed 1930 - Hell Harbor 1931 - Merely Mary Ann 1933 - State Fair (sen acreditar) 1934 - Marie Galante 1935 - One More Spring 1935 - Way Down East 1936 - The Country Doctor 1936 - Ramona 1936 - Lloyd's of London 1937 - Seventh Heaven 1937 - In Old Chicago 1938 - Alexander's Ragtime Band 1939 - Terra de audaces 1939 - Stanley and Livingstone 1940 - Little Old New York 1940 - Maryland 1940 - Chad Hanna 1941 - A Yank in the RAF 1941 - Remember the Day 1942 - The Black Swan 1943 - The Song of Bernadette 1944 - Wilson 1945 - A Bell for Adano 1946 - Margie 1947 - O capitán de Castela 1948 - Deep Waters 1949 - Prince of Foxes 1949 - Twelve O'Clock High 1950 - The Gunfighter 1951 - I'd Climb the Highest Mountain 1951 - David and Bathsheba 1952 - As neves do Kilimanjaro 1953 - King of the Khyber Rifles 1955 - Untamed 1955 - Love Is a Many-Splendored Thing 1956 - Carousel 1957 - The Sun Also Rises 1958 - The Bravados 1959 - This Earth Is Mine 1959 - Beloved Infidel 1962 - Suave é a noite

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1982