O tráfico de persoas ou tráfico humano é o comercio de seres humanos, que comunmente se refire ao que se fai para fins de escravitude sexual, traballos forzados ou explotación sexual comercial, tráfico de drogas ou outros produtos, para a extracción de órganos ou tecidos, incluíndo tamén o uso de ventres de alugueiro e extracción de óvulos, ou aínda para o de cónxuxes no contexto dun casamento forzado.ECPAT, Child Trafficking for Forced Marriage , 2008
O tráfico humano representou un beneficio aproximado de 31,6 miles de millóns de dólares do comercio internacional por ano en 2010. e crese que é unha das actividades de maior crecemento das organizacións criminais transnacionais.
O tráfico de persoas é condenado como unha violación dos dereitos humanos por convencións internacionais e está suxeito a unha Directiva da Unión Europea..
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tráfico de mulleres Tráfico de nenos Tráfico de órganos Abuso sexual Escravitude
Categoría:Comercio Categoría:Delitos