O Estadio Municipal Luís Bodegas é un estadio de fútbol galego do concello de Monforte de Lemos. Ten capacidade para 2700 espectadores e nel xoga os seus partidos como local o Club Lemos.

Inicialmente chamouse campo de San Lázaro, e en 1962 pasou a nomearse Luis Bodegas en memoria do xogador do Lemos Luís López Cabo, máis coñecido co alcume de "Luís Bodegas", falecido entón con 26 anos. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información no sitio web do concello

Luis Bodegas Categoría:Deporte en Monforte de Lemos Categoría:Monforte de Lemos sen imaxes Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes