miniatura|dereita|170px|Sección saxital dun cranio humano. miniatura|dereita|170px|Encéfalo dun rato. miniatura|dereita|170px|Encéfalo humano. A capacidade cranial é a medida do volume interior do cranio dos vertebrados, é dicir, dos animais que posúen tanto cranio coma cerebro. A unidade de medida máis usada é o centímetro cúbico (cm3).

O volume do cranio úsase como un indicador aproximado do tamaño do cerebro, e este, á súa vez, úsase como un indicador para estimar a intelixencia potencial dun organismo. Así, nos vertebrados, o aumento desta capacidade, observado ao longo da evolución, está en relación co aumento da intelixencia e a complexidade psicocomportamental. O aumento desta capacidade atinxe o seu máximo no ser humano e prodúcese grazas a un aumento masivo do córtex cerebral que, facendo fronte a un volume non expansíbel da caixa cranial, engurrou, formándose sucos profundos chamados circunvolucións. A superficie do córtex chega a alcanzar máis de 0,22 m², e parece que hai unha relación entre o grao de engurramento e a intelixencia.Functions of the Cerebral Cortex , en Serendip Consultada o 3 de abril de 2015.

Porén, as capacidades craniais máis grandes non son sempre indicativas de que un ser vivo sexa máis intelixente, debido a que tamén se require un volume maior para controlar un corpo máis grande ou, nalgúns casos, é unha característica adaptativa para a vida nun medio máis frío.

Exemplos de capacidade cranial en mamíferos actuais

Orangutáns: 275–500 cm³ Chimpancés: 275–500 cm³ Gorilas: 340–752 cm³ Neandertais: 1100–1900 cm³ Humanos: 1200–1850 cm³

Exemplos de capacidade cranial en homínidos primitivos

Notas:1. Os volumes indicados son orientativos, existindo variación para cada un dos fósiles individuais2. MA = millóns de anos.

EspecieTamaño (cm3)Número de espécimesIdade (MA)Australopithecus afarensis43843,6–2,9Australopithecus africanus45273,0–2,4Paranthropus boisei52112,3–1,4Paranthropus robustus53011,9–1,4Homo habilis61261,9–1,6Homo rudolfensis70012.4–1.6Homo ergaster87131,9–1,7

Notas

Véxase tamén Bibliografía McHenry, Henry M. (2002): "Introduction to the fossil record of human ancestry", en Walter C. Hartwig, The Primate Fossil Record. Cambridge University Press. ISBN 0-521-66315-6

Outros artigos Córtex cerebral Craniometría Evolución humana Intelixencia

Categoría:Sistema nervioso Categoría:Antropoloxía Categoría:Fisioloxía