Julien Duvivier, nado en Lille o 8 de outubro de 1896 e finado en París o 29 de outubro de 1967 foi un director de cinema francés.

Traxectoria Duvivier comezou a súa carreira en 1916 no Théâtre de l'Odéon como actor baixo a dirección de André Antoine. En 1918 pasou á compañía Gaumont como escritor e axudante de directores como André Antoine, Louis Feuillade e Marcel L'Herbier. En 1919 dirixiu o seu primeiro filme.

O seu primeiro grande éxito foi David Golder (1930), que tamén foi o seu primeiro filme falado. Nesa década tamén dirixiu filmes como Pépé le Moko e Un Carnet de Bal.

En 1938 asinou un contrato coa MGM e fixo o seu primeiro filme estadounidense, The Great Waltz. O ano seguinte volveu a Francia, pero durante a segunda guerra mundial dirixiu cinco filmes nos Estados Unidos. Ao acabar a guerra tivo dificultades para retomar a súa carreira en Francia. Porén, continuou a traballar nese país ata o final da súa vida, exceptuando breves períodos en Gran Bretaña (para filmar Anna Karenina, 1948) e en España (por Black Jack, 1950).

No outono de 1967, tras rematar a produción de Diaboliquement vôtre, filme sobre un home que perde a memoria tras un accidente de coche, o propio Duvivier tivo un accidente de tráfico, que lle provocou un ataque ao corazón que acabou a súa vida. Deixou unha filmografía de case setenta filmes.

Filmografía Ano Título 1919 Haceldama ou le prix du sang 1920 La réincarnation de Serge Renaudier 1922 Les roquevillard 1923 Le reflet de Claude Mercœur 1924 La machine à refaire la vie 1924 Credo ou la tragédie de Lourdes 1924 L'œuvre immortelle 1924 Cœurs farouches 1925 Poil de carotte 1925 L'abbé Constantin 1926 L'homme à l'hispano 1927 Le mystère de la tour Eiffel 1927 Le mariage de Mademoiselle Beulemans 1927 L'agonie de Jérusalem 1928 Le tourbillon de Paris 1929 La Vie miraculeuse de Thérèse Martin 1929 Maman Colibri 1929 La divine croisière 1930 David Golder 1930 Au bonheur des dames 1931 Les cinq gentlemen maudits 1931 Allo Berlin? Ici Paris! 1932 La vénus du collège 1932 Poil de carotte 1933 La Tête d'un homme 1933 Le petit roi 1933 La machine à refaire la vie 1934 Le paquebot Tenacity 1934 Maria Chapdelaine 1935 Golgotha 1935 La Bandera 1936 Le golem 1936 L'homme du jour 1936 La belle équipe 1937 Pépé le Moko 1937 Un carnet de bal 1938 The Great Waltz 1939 La Fin du jour 1939 La charrette fantôme 1941 Lydia 1942 Tales of Manhattan 1943 Flesh and Fantasy 1943 Untel père et fils 1944 The Impostor 1946 Panique 1948 Anna Karenina 1949 Au royaume des cieux 1950 Black Jack 1951 Sous le ciel de Paris 1952 Don Camillo 1952 La Fête à Henriette 1953 Le Retour de Don Camillo 1954 L'affaire Maurizius 1954 Voici le temps des assassins 1957 L'Homme à l'imperméable 1957 Pot-Bouille 1959 La Femme et le Pantin 1959 Marie-Octobre 1960 La Grande vie 1960 Boulevard 1962 La chambre ardente 1963 Le Diable et les Dix Commandements 1963 Chair de poule 1967 Diaboliquement vôtre

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Nados en Lille Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Finados en accidente de tráfico