La Tranca foi un semanario editado en Pontevedra en 1886.

Historia e características Apareceu o 1 de outubro de 1886. Dirixido por Ricardo Miser. Declarábase independente, pero denunciaba o caciquismo en Galicia, defendía as vantaxes dun réxime democrático e reclamaba a soberanía popular. Incluía un editorial, poesía e a sección "Trancazos", na que se comentaban de forma crítica a xestión municipal e os asuntos locais. Imprimíase nos talleres de José Ramón Paratcha de Vilagarcía de Arousa.Viana, Víctor (3/11/2013). "La imprenta de los Paratcha" Faro de Vigo .

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1886 en Galicia