Sophie Rostopchine, máis coñecida como Condesa de Ségur e que tivo como primeiro nome Sofia Feodorovna Rostopchina (ruso: Софья Фёдоровна Ростопчина), nada o 1 de agosto de 1799 en San Petersburgo e finada o 9 de febreiro de 1874 en París), foi unha escritora francesa de orixe rusa, sobre todo coñecida pola súa novela infantil Les Malheurs de Sophie.

Traxectoria Orixinaria dunha familia nobre que remontaba a súa xenealoxía á familia de Xenxis Khan, seu pai foi o Conde Feodor Rostopchin tenente xeneral e máis tarde ministro de asuntos exteriores ruso e gobernador militar de Moscova durante a invasión de Rusia por Napoleón. Súa nai era a aristócrata Ekaterina Petrovna Rostopchina. Sophie pasou a súa infancia no dominio de Voronovo, próximo a Moscova. Recibe unha educación na que primaba a aprendizaxe de linguas estranxeiras, en especial do francés, a partir dos trece anos, tras a conversión de súa nai ao catolicismo recibe unha educación nesa fePatrick Pipet, Comtesse de Ségur - Les mystères de Sophie. Les contenus insoupçonnés d'une oeuvre incomprise, Éditions L'Harmattan,‎ 2007, p. 77. En 1814 seu pai caeu en desgraza, marchando ao exilio, residindo en varios países ata que en 1817 se establece en París e chama á súa familia para que residen ao seu lado. Establecida na capital francesa, Sophie coñeceu a Eugène de Ségur con quen casou en 1819 e con quen tivo oito fillos. Comezou a escribir a unha idade madura, publicando a súa primeira obra en 1855, un libro con consellos médicos pediátricos.

Obra Didácticas 1855: La Santé des enfants, libro de pediatría con consellos médicos 1857: Livre de messe des petits enfants, 1865: Évangile d'une grand'mère 1867: Les Actes des apôtres 1869: Bible d’une grand-mère Novelas e contos miniatura|Ilustración de Petites filles modèles. miniatura|dereita|François o Chepudo: Dásme un bico?. 1856: Nouveaux Contes de fées, escolma de contos como Histoire de Blondine, de Bonne-Biche et de Beau-Minon, Le Bon Petit Henri, La Petite Souris grise e Ourson. 1858: Les Malheurs de Sophie. 1858: Les Petites Filles modèles, presentado como continuación de Les Malheurs de Sophie. 1859: Les Vacances, tamén presentado como continuación de Les Malheurs de Sophie. 1860: Mémoires d'un âne 1861: Pauvre Blaise 1862: La Sœur de Gribouille 1862: Les Bons Enfants 1863: Les Deux Nigauds 1863: L'Auberge de l'Ange gardien 1863: Le Général Dourakine 1864: François le bossu 1865: Un bon petit diable 1866: Comédies et proverbes, escolma de relatos:Les Caprices de Gizelle, Le Dîner de Mademoiselle Justine, On ne prend pas les mouches avec du vinaigre, Le Forçat, ou à tout péché miséricorde e Le Petit De Crac. 1865: Jean qui grogne et Jean qui rit 1866: La Fortune de Gaspard 1867: Quel amour d’enfant ! 1867: Le Mauvais Génie 1868: Le Chemineau, posteriormente publicouse co título Diloy le chemineau 1871: Après la pluie, le beau temps

Notas

Véxase tamén Ligazóns internas

Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1874 Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de literatura infantil de Francia Categoría:Nados en San Petersburgo