Xoán Manuel Novegil González-Anleo, nado en Marín o 24 de febreiro de 1960, é un escultor e artista audiovisual galego, máis coñecido como Xoán Anleo. É profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, vive e traballa en Vigo.

Traxectoria Licenciouse e doutorouse en Belas Artes pola Universidade de Castela-A Mancha. Formouse na Escola Massana de Barcelona, sendo influído polo ambiente conceptual de diferentes artistas cataláns, converténdose nun dos artistas máis experimentais da arte galega, distanciándose das propostas dese momento en Galicia. Formouse tamén na École des Arts Decoratifs de Xenebra (Suíza) e na California State University dos Ánxeles (EUA). Residiu no Brasil, no centro Capacete do Río de Xaneiro, en La Quiñonera (Cidade de México), lugar de convivencia e creación para artistas da América Latina, en Towhouse, no Cairo (Exipto), en Duende, Rotterdam (Países Baixos), Reiquiavik (Islandia) e no centro Künstler und Atelierhaus der Stadt Duisburg, en Alemaña.

Traballa con diversos medios, como a escrita, instalación, fotografía, arte sonora ou danza contemporánea, a edición de múltiples e libros de artista así coma diversas publicacións. Ademais foi fundador dos grupos musicais Nómadas con Carlos Ordóñez e da triloxía Dirty Line, Taiwan e Hands Up! con Chiu Longina.

Está representado en importantes museos e coleccións coma o Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, ARTIUM, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporánea de Vitoria-Gasteiz, Centro Andaluz de Arte Contemporánea en Sevilla, Centro de Arte Dos de Mayo de Móstoles, Centre d'Art La Panera de Lleida, Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporánea de Badaxoz, MUSAC, Museo de arte Contemporánea de Castela e León e o CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.

Exposicións Desorde. Museo-Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela. 2013 Cuadernos cuadrículados, habitaciones reservadas, envases dispuestos. Todo en orden. Galería Ad Hoc de Vigo. 2009 Algo vivo cando todo está morto. Algo incerto ante tanta certeza. Galería Magda Belloti. Festival Off de PhotoEspaña, Madrid 2008

Véxase tamén Bibliografía Pintores e Escultores Galegos na EXPO 92. Xunta de Galicia.

Ligazóns externas Web do artista Obras de Xoán Anleo na web Artdiscover Xoán Anleo no Festival PhotoEspaña 2008.

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1960 Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes