Swansea (en ) é unha cidade e condado de Gales, situada na súa costa suroeste. Segundo o censo de 2011 a súa poboación é de 239 000, co que é a segunda cidade galesa por poboación tras Cardiff.. O 11,4% da poboación pode falar galés. No século XIX foi un importante centro da industria do cobre,Swansea (Wales, United Kingdom) – Britannica Online Encyclopedia ata o punto de recibir o sobrenome de 'Copperopolis'.Hughes, S. (2000) Copperopolis: landscapes of the early industrial period in Swansea (Royal Commission on Ancient and Historical Monuments in Wales Xeografía O territorio representa o 2% de Gales, e inclúe tanto zonas rurais como a área urbana e suburbana. Limita ao norte con Carmarthenshire e ao leste con Neath Port Talbot mentres que polo sur bordea coa baía de Swansea e a canle de Bristol, o territorio da cidade e condado inclúe tamén a península de Gower e as comunidades de Birchgrove, Bishopston, Bonymaen, Castle, Clydach, Cockett, Cwmbwrla, Dunvant Gorseinon, Gowerton, Grovesend e Waungron, Ilston, Killay, Landore, Llangennith, Llanmadoc e Cheriton, Llangyfelach Llanrhidian Higher, Llanrhidian Lower, Llansamlet, Llwchwr, Mawr, Morriston, Mumbles, Mynydd-Bach, Penderry, Penllergaer, Pennard, Penrice, Pontarddulais, Pontlliw e Tircoed, Port Eynon, Reynoldston, Rhossili, Sketty, St Thomas, Townhill, Uplands e Upper Killay
Notas
Categoría:Cidades de Gales