A arquieparquía de Tiro (en ) é unha sé da Igrexa católica maronita inmediatamente suxeita ao Patriarcado de Antioquía dos Maronitas. En 2010 tiña 42.500 fieis. O seu arcebispo é Xukrala Nabil al-Hax.

Territorio A arquieparquía estende a súa xurisdición sobre os fieis maronitas do sur do Líbano. A sé arcebispal é a cidade de Tiro. O territorio está organizado en 22 parroquias.

Historia A eparquía de Tiro, xunto coa de Sidón, remóntase ao século XVI: o sínodo do Monte Líbano de 1736 instituíu canonicamente a eparquía de Tiro e Sidón, que foi a sé propia do patriarca entre 1819 e 1837. A comezos do século XX a eparquía de Tiro-Sidón foi dividida en dúas circunscricións distintas.

En 1965 a eparquía de Tiro foi elevada ao rango de arquieparquía.

O 8 de xuño de 1996 cedeu parte do seu territorio para erixir a arquieparquía de Haifa e Terra Santa.

Episcopoloxio Xukrala Khuri (31 de xaneiro de 1906 - 11 de febreiro de 1934, finado) Bulus al-Mauxi (19 de abril de 1934 - 25 de maio de 1955, elixido patriarca de Antioquía) Mikhail Dumit (21 de abril de 1956 - 11 de decembro de 1959, nomeado bispo de Sarba) Yusuf Khuri (11 de decembro de 1959 - 5 de febreiro de 1992, finado) Marun Khuri Sadir (1 de xuño de 1992 - 25 de setembro de 2003, retirado) Xukrala Nabil al-Hax (25 de setembro de 2003 - 1 de novembro de 2020, retirado) Xarbil Abadala (1 de novembro de 2020 - actualidade)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org

Categoría:Divisións territoriais católicas no Líbano Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica maronita Categoría:Eparquías católicas