Eduardo Sánchez Miño, finado na Coruña en maio de 1921,El Ideal Gallego, 28-5-1921, p. 2. foi un actor, intelectual e xornalista galego.
Traxectoria miniatura|300px|Eduardo Sánchez Miño, Vicente Díaz González, Wenceslao Fernández Flórez, Joaquín Arias de Miranda e José Fitor Cabot (1909). Dirixiu o periódico tradicionalista La Coruña Católica (1898) e en 1911 dirixiu o periódico ferrolán La Voz del Pueblo. Traballou na compañía do director e empresario teatral Emilio Mario. En 1902 liderou un grupo de mozos que pretendía crear na Coruña unha escola teatral, pouco despois ese colectivo constituíu a Escola Rexional de Declamación na que Sánchez Miño participou como actor. Escribiu apropósitos e en 1913 constituíuse en Ferrol baixo a súa dirección a Escola Dramática Galega,La Voz de Galicia, 2-8-1913, p. 2.El Eco de Santiago, 13-11-1913, p. 1-2. que representou a súa obra ¡A roin feira...!, que non chegou a publicarse. Morreu na Coruña aos 49 anos.
Notas
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Finados en 1921 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados en Galicia