Xavier Victoriano Soto Valenzuela, nado en Vigo en 1893 e finado en Lugo o 17 de decembro de 1936, foi un escritor, xornalista e político galego.

Traxectoria Fillo de Avelino Soto Collarte e Milagros Valenzuela Moreno. Empregado mercantil. Militante nacionalista, foi presidente da Mocidade de Vigo (xuventudes das Irmandades) en 1921, e escribiu nese ano con Manuel Antonio o manifesto "Terra Ceibe", que se publicou como panfleto e despois foi reproducido polo periódico A Nosa Terra, como resposta á negativa do pleno do Concello de Vigo a que a bandeira galega ondease o día de Santiago ao carón da española. Foi director de La Garra, elixido presidente da Agrupación Artística en decembro de 1922,Galicia. Diario de Vigo, 26-12-1922, p. 1. cargo do que dimitiu ao cabo duns días.Galicia. Diario de Vigo, 29-12-1922, p. 2. Presidiu a Asociación de Empregados Mercantís Mercurio,El Pueblo Gallego, 22-1-1927, p. 6. e en representación desta asociación foi nomeado concelleiro de Vigo en abril de 1929.El Pueblo Gallego, 17-4-1929, p. 6.

Durante a República foi concelleiro en Vigo nas filas da Alianza Agraria. Participou na Asemblea Galega de Compostela en xullo de 1932 que nomeou a comisión encargada de redactar o Estatuto de Autonomía.El Pueblo Gallego, 5-7-1932, p. 10. Instalado en Viveiro, foi presidente da Comisión de Iniciativas en 1935.El Progreso, 26-9-1935, p. 2. Foi elixido secretario do comité local de Izquierda Republicana de Viveiro en novembro de 1935.El Progreso, 21-11-1935, p. 6. En febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Viveiro e elixido tenente alcalde. Foi presidente do Comité local de Autonomía de Viveiro.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Viveiro o 27 de xullo. Trasladado a Lugo, foi xulgado por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 17 de decembro, ás 8, nas tapias do cuartel da Garda Civil. miniatura|250px|Xavier Soto homenaxeado polo cadro de declamación Aurora de Sárdoma en 1924.

Obras É autor da comedia en galego O lóstrego, publicada en La Concordia en 1919, que foi estreada ese ano en Vigo polo cadro Juventud Artística. En febreiro de 1924 o cadro de declamación La Aurora de Sárdoma estreou a súa obra Terra ceibe.El Pueblo Gallego, 24-2-1924, p. 5.

Vida persoal Casou con María del Carmen Vázquez González en 1924.El Pueblo Gallego, 25-6-1924, p. 4.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Viveiro Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público