Patrick Daniel Tambay, nado en París o 25 de xuño de 1949 e finado o 4 de decembro de 2022, foi un piloto de carreiras francés. Competiu en 123 Grandes premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, gañando dúas veces, logrando 5 poles e anotando un total de 103 puntos no Campionato. En 2006, competiu na tempada inaugural da fórmula GP Masters para pilotos retirados da Fórmula Un, e continuou na serie en 2007.

Traxectoria miniatura| left | Tambay no Gran Premio de Dallas de 1984 onde, como moitos outros, retirouse logo de golpear cun muro Ao principio da súa carreira, Tambay formou parte do equipo de Fórmula 5000 dirixido por Carl Haas.Shav Glick. Los Angeles Times. "For Carl Haas, It's a Working Weekend The Only Fun in Racing Is Winning, Says the Man Who Runs Andretti's Team" 14 August 1986. http://proquest.umi.com.proxy.foley.gonzaga.edu:2048/pqdweb?index=7&did=64426615&SrchMode=1&sid=5&Fmt=3&VInst=PROD&VType=PQD&RQT=309&VName=PQD&TS=1204189155&clientId=10553

En 1977, gañou o campionato Can Am con Haas,Potter, Steve. New York Times "Can Am Struggling in Revival" 29 June 1980. http://proquest.umi.com.proxy.foley.gonzaga.edu:2048/pqdweb?index=22&did=935651911&SrchMode=1&sid=5&Fmt=3&VInst=PROD&VType=PQD&RQT=309&VName=PQD&TS=1204188633&clientId=10553 Tambay debutou na Fórmula Un con Surtees, pilotando nunha soa carreira no Gran Premio de Francia de 1977 antes de correr o resto da tempada con Theodore. O equipo, en colaboración con Ensign, corría co seu chasis N177. Os resultados foron frutíferos e McLaren fichouno para as tempadas e . En 1980, regresou a Can Am co equipo Lola dirixido por Carl Haas, gañando o seu segundo campionato Can-Am.

En regresou á F1, primeiro pilotando para o equipo Theodore para terminar a tempada con Ligier. En , ofrecéronlle un lugar na Scuderia Ferrari logo da morte de Gilles Villeneuve. Gañou o seu primeiro Gran Premio no Gran Premio de Alemaña logo da grave lesión de Didier Pironi na práctica. O GP de Alemaña era a súa cuarta carreira co equipo de Maranello. Gañou o seu segundo e último Gran Premio en en Imola, nunha vitoria moi emotiva fronte aos fieis tifosis italianos, pilotando o Ferrari 27 (o número do coche de Villeneuve) logrou á vitoria logo de que Riccardo Patrese estrelara o seu Brabham a só 6 voltas do final. Foi substituído polo equipo en en favor do italiano Michele Alboreto. Tambay marchou a Renault, ficando alí ata . Coa disolución do equipo francés, que retornaría en , Tambay fichou polo equipo Haas Lola en .

En 1987, Tambay fundou a súa propia compañía de promoción do deporte en Suíza, deixouna en 1989 para volver á competición. En 1989, pilotou un Jaguar no Campionato Mundial de Resistencia e terminou cuarto nas 24 Horas de Le Mans. A continuación, déuselle polos rallyes no deserto, terminando dúas veces entre os tres primeiros no Rally Dakar. Ademais, tamén participou en carreiras sobre xeo e na carreira de jet sky Tour de Corse.

Tambay participou activa pero brevemente co equipo Larrousse, en en asociación co seu amigo e socio nos negocios Michael Golay. Pero ao final da tempada de 1994, a empresa Fast Group SA propiedade de Tambay e Golay terminou a súa participación co equipo.

Desde que se retirou da competición, Tambay traballou como comentarista para a televisión francesa. Tamén foi concelleiro en Le Cannet, un suburbio de Cannes.

El foi o padriño do Campión do Mundo de 1977 Jacques Villeneuve. O seu fillo Adrien actualmente está competindo no campionato DTM.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Puntos Team Surtees Surtees TS19 Cosworth V8 ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRANSC 18º 5 Theodore Racing Hong Kong Ensign N177 GBRRet ALE6 AUTRet NED5 ITARet USADNQ CAN5 XPNRet Marlboro Team McLaren McLaren M26 Cosworth V8 ARX6 BRARet RSARet USW12 MON7 BEL ESPRet SWE4 FRA9 GBR6 ALERet AUTRet NED9 ITA5 USA6 CAN8 14º 8 Löwenbräu Team McLaren McLaren M28 Cosworth V8 USWRet NC 0 Marlboro Team McLaren ARXRet RSA10 ESP13 MONNSC FRA10 GBR7 McLaren M26 BRARet BELDNQ McLaren M29 ALERet AUT10 NEDRet ITARet CANRet USARet Theodore Racing Team Theodore TY01 Cosworth V8 USW6 BRA10 ARXRet SMR11 BELDNQ MON7 ESP13 19º 1 Equipe Talbot Gitanes Ligier JS17 Matra V12 FRARet GBRRet ALERet AUTRet NEDRet ITARet CANRet CPLRet Scuderia Ferrari Ferrari 126C2 Ferrari V6 t/c RSA BRA USW SMR BEL MON DET CAN NED8 GBR3 FRA4 ALE1 AUT4 SUINTS ITA2 CPLNTS 7º 25 Scuderia Ferrari Ferrari 126C2/B Ferrari V6 t/c BRA5 USWRet FRA4 SMR1 MON4 BEL2 DETRet CAN3 4º 40 Ferrari 126C3 GBR3 ALERet AUTRet NED2 ITA4 EURRet RSARet Equipe Renault Elf Renault RE50 Renault V6 t/c BRA5 RSARet BEL7 SMRRet FRA2 MONRet CANNTS DETRet DALRet GBR8 ALE5 AUTRet NED6 ITARet EURRet POR7 11º 11 Equipe Renault Elf Renault RE60 Renault V6 t/c BRA5 POR3 SMR3 MONRet CAN7 DETRet 12º 11 Renault RE60B FRA6 GBRRet ALERet AUT10 NEDRet ITA7 BELRet EUR12 RSA AUSRet Team Haas (USA) Ltd. Lola THL1 Hart4 L t/c BRARet ESP8 SMRRet 15º 2 Lola THL2 Cosworth V6 t/c MONRet BELRet CANNTS DET FRARet GBRRet ALE8 HUN7 AUT5 ITARet PORNC MEXRet AUSNC

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Francia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Surtees Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ensign Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de McLaren Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Theodore Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ligier Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Renault Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lola Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos do Rally Dakar Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en París Categoría:Finados en 2022