O nó de cistina é un motivo estrutural presente nalgunhas proteínas que contén tres pontes disulfuro (formadas por parellas de moléculas do aminoácido cisteína). As seccións do polipéptido que aparecen entre dúas delas forman un bucle a través do cal pasa unha terceira ponte disulfuro, formando unha subestrutura rotaxano. Aparece en moitas proteínas de moitas especies e proporciona unha considerable estabilidade estrutural. Hai tres tipos de nó de cistina, que se diferencian na topoloxía dos enlaces disulfuro, que son:Daly, N. L.; Craik, D. J. (2011). "Bioactive cystine knot proteins". Current Opinion in Chemical Biology 15 (3): 362–368. doi:10.1016/j.cbpa.2011.02.008. PMID 21362584. O Nó de Cistina de Factor de Crecemento (GFCK) O Nó de Cistina Inhibidor (ICK) común en toxinas de arañas e certos caracois O Nó de Cistina Cíclico, ou ciclótido.

O nó de cistina de factor de crecemento (GFCK) descubriuse primeiro na estrutura do factor de crecemento dos nervios, e foi resolto por cristalografía de raios X e publicado en 1991 por Tom Blundell.; Todas as estruturas de GFCK que se determinaron son diméricas, pero os seus modos de dimerización en diferentes clases son distintos.

Notas

Categoría:Estrutura das proteínas Categoría:Dominios proteicos