Rasta é un tipo de peiteado formado por trenzas enleadas, característico dos rastafaris.«Rasta», artigo no Diccionario de la lengua española. Madrid: Real Academia Española, 2001; consultado o 11 de agosto de 2009. Moitas veces as rastas fórmanse de xeito non intencionado, e por mor da variedade de cabelos que existen, existen varios métodos para formalas, como o cardado. Un erro moi común é considerar as rastas un peiteado que non se pode lavar. Pola contra, moitos réximes de coidado das rastas requiren o lavado até por dúas veces á semana.

Ás persoas con rastas chámanselle polo xeral rastafaris, pero non é un peiteado exclusivo dese movemento, xa que persoas de moitos grupos étnicos levaron rastas ó longo da historia, incluíndo pobos como os semitas de Oriente Próximo e Asia Menor, os primeiros clans escoceses, os maorís de Nova Zelandia, os maasai en África oriental, e algúns sufís e faquires da India, o Nepal e Paquistán.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Publius (ou Caio) Cornelius Tacitus (AD98). De vita et moribus Iulii Agricolae.

Categoría:Peiteados Categoría:Rastafarianismo