Mario Aurelio Poli, nado o 29 de novembro de 1947 en Buenos Aires, é un cardeal e arcebispo católico latino arxentino.

Traxectoria Naceu en Buenos Aires o 29 de novembro de 1947. Foi ordenado sacerdote o 25 de novembro de 1978 polo arcebispo de Buenos Aires, Juan Carlos Aramburu.

O 8 de febreiro de 2002 foi nomeado bispo auxiliar de Buenos Aires e bispo titular de Abidda. Recibiu a consagración episcopal o 20 de abril de 2002 de mans do arcebispo de Buenos Aires Jorge Mario Bergoglio.

O 24 de xuño de 2008 o papa Bieito XVI nomeouno bispo de Santa Rosa.

Logo do conclave de 2013, onde Bergoglio foi elixido papa, o 28 de marzo foi nomeado arcebispo de Buenos Aires, e o 4 de maio nomeado tamén ordinario para os fieis de rito oriental na Arxentina.

O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco nomeouno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais. O 22 de febreiro de 2014 o papa Francisco creouno cardeal co título de cardeal-presbítero de San Roberto Bellarmino.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil na web do Vaticano . Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Bispos católicos da Arxentina Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Cardeais creados por Francisco Categoría:Cardeais da Arxentina Categoría:Membros da Congregación para as Igrexas Orientais Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Católica Arxentina