Norte é un dos once distritos en que está dividida para efectos administrativos a cidade de Sevilla, capital da comunidade autónoma de Andalucía, en España.
Está situado no norte do municipio. Limita ao sur cos distritos de Triana, Macarena e San Pablo-Santa Justa; ao leste co distrito Este-Alcosa-Torreblanca; ao norte, cos municipios de La Rinconada e La Algaba; e ao oeste, cos municipios de Salteras e Santiponce.
Barrios Barriada Pino Montano Consolación El Gordillo Las Almenas San Jerónimo La Bachillera Los Carteros San Pedro Los Arcos Las Naciones-Parque Atlántico-Las Dalias San Matías Aeropuerto Viejo Valdezorras
Véxase tamén
Norte