Manuel Ángel Corzo Sueiro, nado en Santiago de Compostela o 1 de maio de 1842El Correo de Galicia, 12-2-1919, p. 1. e finado na mesma cidade o 25 de abril de 1871, foi un escritor galego.
Traxectoria Fillo de Fernando Corzo Gago. Comezou a carreira eclesiástica, que abandonou para emprender os estudos de Dereito que non chegou a rematar pola súa morte. Publicou os seus primeiros versos en El Miño. Foi secretario de redacción nos dous primeiros números de La Joven Galicia e logo colaborador habitual. Foi poeta e cultivou o ensaio literario. No Album de la Caridad publicou o poema "A media noche". Asinaba moitas veces como M. A. Corzo.
Obras El cancionero de Galicia. Colección de leyendas históricas y tradiciones populares de Galicia. Escritas en verso y enriquecidas con notas históricas y biográficas, 1861. Entre as que figuran "La Torre de Mesías", "Celia" e "Por amor morir traidor". Las víctimas de Carral. Novela escrita sobre los últimos acontecimientos de Galicia, 1862. Da que por prohibición gobernamental só se publicou un caderno coas 16 primeiras páxinas. Consideraciones sobre el teatro.
Vida persoal Casou con Rosa Puig Vilomara en 1864, que morreu en 1867.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría: Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría: Nados en Santiago de Compostela Categoría: Nados en 1842 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría: Finados en 1871