dereita|miniatura|410px|Espectro de absorción normalizada das tres fotopsinas humanas e da rodopsina humana (en liña descontinua).
As fotopsinas (tamén chamadas opsinas dos conos) son proteínas que se encontran nas células cono da retina, que funcionan como moléculas fotorreceptoras que son a base da visión en cor. Na retina dos polos hai un sistema de pigmentos visuais dos conos chamado iodopsina, que é un análogo próximo da púrpura visual ou rodopsina dos bastóns. As fotopsinas e iodopsinas constan dun compoñente proteico unido a un cromóforo, que é o retinal.
Función As fotopsinas son un tipo de opsinas. As opsinas son receptores acoplados á proteína Gn-x da familia das proteínas retinilideno. A isomerización do 11-cis-retinal a todo-trans-retinal causada pola luz induce un cambio conformacional na proteína que activa a fotopsina e promove a súa unión á proteína G transducina, a cal desencadea unha fervenza de segundo mensaxeiro.
Tipos As diferentes fotopsinas difiren nuns poucos aminoácidos e absorben luz a diferentes lonxitudes de onda como pigmentos unidos ao retinal.
Tipo de cono Nome Rango Lonxitude de onda picoS (OPN1SW) - "tritan", "cyanolabe" β 400–500 nm 420–440 nmM (OPN1MW) - "deutan", "chlorolabe" γ 450–630 nm 534–545 nmL (OPN1LW) - "protan", "erythrolabe" ρ 500–700 nm 564–580 nm
Nos humanos hai 3 iodopsinas (análogos da rodopsina) que conteñen os complexos pigmento-proteína fotopsina I, II, e III. Os 3 tipos de iodopsinas denomínanse erythrolabe (fotopsina I + retinal), chlorolabe (fotopsina II + retinal), e cyanolabe (fotopsina III + retinal), respectivamente. Estas fotopsinas teñen unha absorción máxima para a luz vermella ["erythr"-vermello] (fotopsina I), verde ["chlor"-verde] (fotopsina II), e violeta azulada ["cyan"-violeta azulado] (fotopsina III).
Historia George Wald recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1967 polos seus experimentos feitos na década de 1950 que mostraron a diferenza en absorbancia das fotopsinas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Rodopsina, o pigmento para a visión na escuridade monocromática (escotópica) dos bastóns. Melanopsina, pigmento usado para controlar o tamaño pupilar e os ciclos de sono e vixilia Ciclo visual, a química da fototransdución Cegueira ás cores
Ligazóns externas Rodopsina , resumo e imaxes.
Categoría:Receptores acoplados á proteína G Categoría:Proteínas