"Bones" é unha canción do grupo musical estadounidense The Killers, e foi escrita polo vocalista Brandon Flowers, o baixo Mark Stoermer e o batería Ronnie Vannucci. É a oitava canción do segundo álbum, Sam's Town, estreado en outubro de 2006. Foi orixinalmente titulada "It's Only Natural" nas primeiras etapas de creación. Eventualmente, a canción foi estreada como segundo sinxelo de Sam's Town a finais de novembro de 2006.
O vídeo musical da canción foi o primeiro dirixido por Tim Burton.
Categoría:Sinxelos de 2006 Categoría:Cancións de The Killers