Ezequiel Massoni González, nado en Ayamonte o 11 de abril de 1874 e finado en Vigo o 19 de novembro de 1959, foi un empresario e político galego.

Traxectoria Chegou a Marín para facerse cargo dunha industria de salgadura. Foi nomenado alcalde da vila en 1924, durante a ditadura de Primo de Rivera. Puxo en marcha a traída de auga, a rede de sumidoiros e a iluminación. Cesou como alcalde o 26 de febreiro de 1930. Na República foi tesoureiro do Centro Republicano Radical de Marín (1931).El Progreso, 12-8-1931, p. 2. Volveu ser nomeado alcalde de Marín en xaneiro de 1935 e tomou posesión o día 12.El Pueblo Gallego, 16-1-1935, p. 10. Cesou como alcalde co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Volveu á alcaldía en marzo de 1943, xa no franquismo.El Pueblo Gallego, 6-3-1943, p. 5.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Alcaldes de Marín Marín rinde homenaje al que fue su alcalde Ezequiel Massoni noticia en Faro de Vigo

Categoría:Alcaldes de Marín Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Ayamonte Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Personalidades sen imaxes