Thomas Montgomery Newman, nado nos Ánxeles o 20 de outubro de 1955, é un compositor estadounidense coñecido polas súas bandas sonoras. Newman estivo nomeado a doce Premios Oscar e tres Globos de Ouro, e gañou dous BAFTAS, seis Grammys e un Emmy. Newman foi galardoado co premio Richard Kirk nos premios BMI de 2000. O premio é concedido anualmente a un compositor que fixo grandes contribucións á música do cine e da televisión.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados nos Ánxeles