Olympic Air (en grego: Ολυμπιακή) é unha aeroliña rexional, subsidiaria da aeroliña nacional grega Aegean Airlines. Inicialmente creouse a partir da privatización da antiga compañía de bandeira Olympic Airlines, unha empresa que levou o nome de Olympic Airways dende 1957 ata os comezos do século XXI. Olympic Air comezou a realizar voos limitados o 29 de setembro de 2009, despois de que Olympic Airlines cesara todas as súas operacións, tendo lugar a inauguración dos seus voos a grande escala o día 1 de outubro. O seu principal centro de operacións atópase no Aeroporto Internacional de Atenas, sendo o aeroporto de Rodas o seu hub secundario. A súa sede atópase no Edificio 57 do aeroporto de Atenas en Spata.
Frota + Frota de Olympic Air<span style="color:white;">Avión<span style="color:white;">En servizo<span style="color:white;">Pedidos<span style="color:white;">Pasaxeiros<span style="color:white;">NotasBombardier Dash 8 Q1004037Bombardier Dash 8 Q40010078Total140
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Grecia