A papuxa gabián (Curruca nisoria, antes Sylvia nisoria) é unha ave da familia das Sylviidae.

Morfoloxía e hábitos A papuxa gabián ten unha lonxitude duns 15 cm e pesa uns 30 gramos. O corpo enteiro é de cor gris exceptuando a parte inferior máis clara e barrada, similar ó deseño dos gabiáns. Ollos amarelos. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en zonas de matogueiras, alimentándose de insectos, bagas e arañas.

Reprodución

A época de cría vai dende maio a xullo, consistindo a posta en 5 ou 6 ovos. O tempo de incubación sitúase ó redor dos 14 días, permanecendo os polos preto de 15 días no niño.

Distribución Común en toda Europa Oriental, dende Polonia e Eslovenia ata as rexións dos Cáucaso. Rara en Europa Occidental e na costa Mediterránea.

Véxase tamén Bibliografía C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009 Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a.

Categoría:Sílvidos Categoría:Aves de Eurasia