Xosé Manuel Penas Patiño, nado en Santiago de Compostela en 1950, é un ornitólogo, profesor e político galego. Traxectoria Diplomado en Maxisterio, estudou interiorismo e empezou a cursar a licenciatura en Bioloxía, carreira que non chegou a rematar.Xosé Manuel Penas Patiño: «As aves nos sirven a nós de termómetro» . El Correo Gallego, 04/04/2011.

Foi profesor do Centro Público Integrado dos Dices, Rois, até a súa xubilación, e membro da Plataforma pola defensa do Sar. É especialista en aves.

Na política Nas eleccións municipais de 1995 foi elixido concelleiro de Rois polo BNG, do que foi o seu voceiro no Concello. Volveu ser elixido concelleiro nas municipais de 1999 e 2003. Nese ano foi elixido alcalde de Rois grazas a un pacto co PSdeG-PSOE. Volveu ser concelleiro até 2010, cando renunciou á súa acta cando se xubilou como docente.Xosé Manuel Penas Patiño se jubila y renuncia a su acta de concejal en Rois

Publicacións Libros 1980 - Guía das aves de Galicia. (Con Carlos Pedreira López e Carlos Rodríguez Silvar. Prólogo de Ramón Piñeiro). Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-379-6. 1985 - O lobo. Santiago de Compostela: Sociedade Galega de Historia Natural. ISBN 84-398-4357-7. 1989 - Cetáceos, focas e tartarugas mariñas das costas ibéricas. (Con Antonio Piñeiro Seage e Xulio López Caeiro). Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Formación e Promoción Social Pesqueira. ISBN 84-453-0072-5. 1991 - Guía das aves de Galicia. (Con Carlos Pedreira López e Carlos Rodríguez Silvar. Prólogo de Felipe Bárcena y Varela de Limia). A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-87674-06-2. 1995 - Aves. Tomo II do Atlas de vertebrados de Galicia. Santiago de Compostela: Sociedade Galega de Historia Natural / Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-89-X. (Nesta obra, ademais de asinar varios artigos, Penas Patiño foi secretario desde 1985 a 1994, e coordinador desde 1980 a 1994). 2004 - Guía das aves de Galicia. (Con Carlos Pedreira López e Carlos Rodríguez Silvar, ilustracións. Prólogo de Xesús Domínguez Conde). ISBN 978-84-96128-69-9. Nova edición, que inclúe CD-ROM e na que se describen 448 especies, ilustradas por Calros Silvar con máis de 2 000 debuxos a toda cor.

Artigos en revistas 1975 - "Nomes galegos do Erithacus rubecula e do Troglodytes troglodytes". (Con Carlos Pedreira López). Verba. Anuario galego de filoloxía, nº 2, páxs. 295-306.Ler texto completo en Minerva. Repositorio Institucional da USC 1976 - "Nomes galegos das aves do xénero Streptopelia e Columba". (Con Carlos Pedreira López). Verba: Anuario galego de filoloxía, nº 3, páxs. 347-356.Ler texto completo en Minerva. Repositorio Institucional da USC 1977 - "Nomes galegos de aves piciformes". (Con Carlos Pedreira López). Verba: Anuario galego de filoloxía, nº 4, páxs. 343-354.Ler texto completo en Minerva. Repositorio Institucional da USC 1977 - "Lista patrón das aves de Galicia. I", con Xosé Manuel Penas Patiño. Braña. Bol. Soc. Galega Hist. Nat.. Ano 1977. nº 1-2, páxs. 131-142. 1980 - "Nomes galegos das aves da familia Fingillidae". (Con Carlos Pedreira López). Verba: Anuario galego de filoloxía, nº 7, páxs. 355-378.Ler texto completo en Minerva. Repositorio Institucional da USC 1982 - "Os vertebrados da Galiza e o ensino" (Con Carlos Vales Vázquez). O Ensino: revista galega de Sócio-Pedagoxía e Sócio-Lingüística, nº 4, páxs. 19-30. 2013 - "Unha plataforma para un Sar con vida". Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, nº 70, páxs. 42-43.Ler texto completo, en Cerna). 2014 - "Galicia baixo a terra". (Con Javier Santiago Caamaño e Luís Gómez Aldegunde). Boletín das ciencias, nº 79, páxs. 51-52. Exemplar dedicado ao XXVII Congreso da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Rois

Ligazóns externas Entrevista en El Correo Gallego

Categoría:Alcaldes de Rois Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1950 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes