Heinrich Bach, nado o 16 de setembro de 1615 en Wechmar (actualmente en Turinxia, Alemaña; daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) e finado o 10 de xullo de 1692 en Arnstadt, foi un compositor e organista alemán, membro da familia Bach.

Traxectoria Heinrich Bach naceu en Wechmar, sendo considerado o pai da chamada Liña de Arnstädt da familia Bach. Despois da morte prematura de seu pai, o seu irmán máis vello Johannes Bach continuou a súa educación musical e ensinoulle a tocar o órgano. Trasladáronse a Suhl e Schweinfurt. Entre 1635 e 1641, foi Ratsmusikant no Ratsmusikanten-Compagnie de Erfurt dirixido por Johannes. Dende 1641 converteuse en organista da Igrexa de Santa María e da Oberkirche de Arnstadt, posto que ocupou ata a súa morte. En 1642 casou con Eva Hoffmann, a filla máis nova de Suhl Stadtpfeiffer Hoffmann. Heinrich Bach morreu en Arnstadt en 1692.

Tres dos seus fillos, Johann Christoph Bach, Johann Michael Bach e Johann Günther Bach, foron músicos.

Obra Só unhas poucas das súas obras se conservaron:

Cantata Ich danke dir, Gott Ach, dass ich Wassers gnug hätte Kyrie Zwei Sonaten à 5 Da Christus an dem Kreuze stund Erbarm dich mein, o Herre Gott

Véxase tamén Bibliografía Diccionario Enciclopédico de la Música "Música Maestro", Editorial Rombo, 1996, ISBN 84-8257-032-3 Musicalia, Enciclopedia y Guía de la Música Clásica, Editorial Salvat, 1986, ISBN 84-7137-872-8 Larousse de la musique, Librairie Larousse, 1957

Ligazóns externas Partituras gratuítas de Heinrich Bach en Choral Public Domain Library (ChoralWiki)

Categoría:Nados en 1615 Categoría:Finados en 1692 Categoría:Organistas Heinrich Categoría:Compositores do Barroco Categoría:Compositores de Alemaña