Rafael Romano Gracia, nado en Ourense e finado na mesma cidade o 1 de abril de 1966El Pueblo Gallego, 2-4-1966, p. 17., foi un xornalista galego.
Traxectoria Viviu en Cuba, onde foi funcionario no Departamento de Inmigración de España na Habana, sendo delegado da Junta Consular de Emigración. Traballou como xornalista, sendo xefe de redacción de Ideal Gallego. Regresou a España en xaneiro de 1935El Pueblo Gallego, 11-1-1935, p. 12.. Dirixiu en Madrid a revista Galicia Universal e foi secretario xeral da Confederación Universal de Sociedade Galegas en Madrid (1936)El Pueblo Gallego, 6-3-1936, p. 10.. En marzo de 1936 pasou a dirixir o periódico Democracia, portavoz de Unión Republicana na provincia de OurenseEl Pueblo Gallego, 20-3-1936, p. 10.. Colaborou en Cultura Gallega e foi correspondente da revista en Buenos Aires. Despois da Guerra civil foi recadador de cédulas da zona de VerínLa Región, 1-5-1941, p. 2..
Notas
Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en 1966